aumento

aumento

(< lat augmentu)

  1. s m

    Acción e efecto de aumentar.

    Ex: O aumento da violencia nas rúas é cada vez máis notable.

    Sinónimos: ascenso, crecemento, elevación, incremento, suba, subida. Antónimos: descenso, diminución, mingua, baixada, baixada.
  2. [FÍS]
    1. s m

      Nos instrumentos ópticos que dan imaxe real, como os aparellos fotográficos ou de proxección, número dado pola relación entre a medida da imaxe e a do obxecto. Nos instrumentos que dan imaxe virtual, como a lupa, o microscopio e os prismáticos, o aumento mídese pola relación entre a tanxente do ángulo β, baixo o que se ve o obxecto ao observalo co instrumento, e a tanxente do ángulo α baixo o que se vería se non se fixese uso destes. Para os aparellos de observación próxima (lupa, microscopio), o ángulo α está en función da distancia desde onde se mira. Nos instrumentos de observación afastada α é, sinxelamente, o ángulo baixo o que se ve o obxecto sen a axuda do instrumento.

    2. aumento angular

      Relación entre o ángulo, baixo o que se ve un obxecto a través dun instrumento e o ángulo baixo o que é visto, se se observa sen el.

    3. aumento lateral

      Nos instrumentos compostos de obxectivo e de ocular, a relación entre o diámetro da imaxe virtual obtida polo ocular e o diámetro do obxecto.

  3. s m [IND]
    1. Acción de poñer a traballar unha ou máis agullas nos extremos dos agulleiros da tricotosa rectilínea para aumentar a anchura do tecido, para darlle unha forma ou, nas máquinas circulares de pequeno diámetro, para formar os talóns e punteiras de medias e calcetíns.

    2. Acción de traspasar, na máquina Cotton, as mallas aos extremos do tecido, para aumentarlle a anchura.

  4. s m [LING]

    ocal que, en certas linguas indoeuropeas -indoiránico, armenio e grego-, precede aos pretéritos verbais como característica temporal. O aumento adoita ser un e (> a- en indoiránico).

  5. s m [LIT]

    Termo da poética francesa que identifica un tipo de rima que considera os fonemas finais dos versos. Considérase rima por aumento cando se engade un fonema á vogal tónica da palabra en posición de rima. É o procedemento contrario á rima por avance.

  6. s m [MÚS]

    Procedemento de imitación que consiste en alongar proporcionalmente a duración das notas do tema modelo. É un recurso moi utilizado nas fugas.

  7. aumento de dote [DER]

    Incremento do dote, posterior á constitución deste, mediante novas achegas de carácter gratuíto. O aumento de dote pode ser realizado antes ou despois do matrimonio, pero neste segundo caso non pode excedelo no importe.

Palabras veciñas

aumentado -da | aumentar | aumentativo -va | aumento | auñar | Aung San Suu Kyi | Aunios