ascenso
(
-
s
m
Acción e efecto de ascender.
Ex: O ascenso das temperaturas beneficia ós bañistas.
-
s
m
Acción e resultado de chegar a un nivel, grao ou lugar máis alto.
Ex: Enriqueceuse polo ascenso dos prezos no mercado inmobiliario.
Sinónimos: aumento, suba, subida. Antónimos: descenso, baixada, baixada. -
s
m
[DEP]
Nunha competición estruturada en categorías, incorporación á inmediatamente superior logo de obter a clasificación en virtude de méritos e resultados contraídos ao longo dunha tempada e perfectamente regulamentados nas bases da competición.
-
s
m
[DER]
Nomeamento dun funcionario para un cargo público vacante de superior categoría xerárquica á que exercía no mesmo corpo de funcionarios ou dun corpo ou escala a outros superiores. Pode ser outorgado por antigüidade, por oposición ou concursos restrinxidos.
Ex: O ascenso a director xeral supúxolle gran ledicia.
Sinónimos: promoción. Antónimos: degradación.