degradación

degradación

(

  1. s f

    Acción e efecto de degradar ou degradarse.

    Ex: Os científicos están loitando contra a degradación da atmosfera.

    Confrontacións: estrago.
  2. s f [ECOL]

    Substitución dunha comunidade vexetal por outra máis afastada do clímax.

  3. s f [PAT]

    Cesamento do desenvolvemento dun órgano.

  4. s f [QUÍM]

    Reacción na que un composto se converte noutro máis sinxelo seguindo unha serie de pasos. A miúdo reciben o nome de degradacións as reaccións de diminución do número de átomos de carbono dun composto orgánico.

  5. s f [XEOG]

    Alteración das formas de relevo da superficie terrestre debida a procesos de erosión.

  6. s f [XEOL]

    Evolución dun solo de xeito desfavorable, xeralmente debida a un incremento na evacuación da fracción fina ou lavado. Isto provoca a acidificación do solo e a conseguinte diminución da fertilidade.

  7. [DER]
    1. s f

      Pena accesoria que se lles impón aos condenados por cometer determinados delitos especiais. Consiste na privación das responsabilidades, os privilexios, as dignidades e os honores vinculados ao cargo que ocupaba ata o momento da condena.

    2. degradación actual/real

      Degradación que se realiza coas solemnidades que están establecidas por dereito ou aquela que vai introducida por unha cerimonia.

    3. degradación canónica

      Degradación que priva a un membro da Igrexa dos seus bens, títulos e privilexios.

    4. degradación penal militar

      Degradación formal sobre a indignidade de vestir o uniforme militar e as súas insignias.

    5. degradación verbal

      Degradación declarada por un xuíz ou tribunal competente, sen que se chegue a executar de forma ritual.

  8. [PINT]
    1. s f

      Diminución das figuras dun cadro segundo as leis da perspectiva.

    2. degradación da luz

      Moderación das tonalidades claras naqueles elementos que están máis distantes nun cadro.

    3. degradación de cor

      Diminución ou moderación da tinta nos termos que se consideran máis afastados.

  9. degradación da enerxía [FÍS]

    Transformación da enerxía dun sistema, dunha forma a outra menos apta para a realización dun traballo mecánico debido ao aumento da entropía.

  10. degradación térmica [CLIMAT]

    alor do cambio de temperatura que se rexistra por mor do incremento da altitude na atmosfera.

Palabras veciñas

degoxo | degoxón -na | degradable | degradación | degradado -da | degradador -ra | degradante