degradado -da

degradado -da

(< degradar)

  1. p reg

    de degradar.

  2. s m [IMAX]

    Efecto fotográfico a través do que se difuminan os contornos dunha imaxe. Conséguese ao colocar diante do obxectivo unha gasa ou un filtro difusor. Normalmente, emprégase para crear unha atmosfera onírica.

    Ex: O degradado empregouno por vez primeira no cine Marcel L’Herbier en 1918.

  3. área degradada [XEOG]

    Sector urbano que sufriu unha forte desvalorización económica, que se manifesta no deterioro da súa morfoloxía e da calidade ambiental.

Palabras veciñas

degoxón -na | degradable | degradación | degradado -da | degradador -ra | degradante | degradar