degradar
(< lat tardío degradāre)
-
v t
Facer que unha persoa perda o privilexio, grao, dignidade ou emprego que posúe, especialmente na milicia.
Ex: Degradaron o capitán por negarse a cumprir as ordes do xeneral.
Antónimos: ascender, promover. -
v t
Facer algo polo que unha persoa se envileza ou perda a súa propia dignidade ou honor.
Ex: O abuso do alcohol degradouno totalmente.
-
v t
Alterar algo as calidades dunha persoa ou cousa.
Ex: Os refugallos das fábricas que van parar ós ríos degradan a súa auga. Aquela industria degradaba a saúde dos veciños.
-
v t
Diminuír gradualmente nunha foto ou cadro, a luz, a sombra e a cor para producir un determinado efecto estético en función da distancia á que se supoñen situadas as súas figuras.
-
v pron
Perder alguén a súa dignidade ou honor.
Ex: Degrádase coas borracheiras que colle todos os sábados pola noite.
-
v pron
Perder alguén ou algo a súa calidade orixinal.
Ex: Coa contaminación degrádase o medio. A súa saúde degradouse por mor dos desgustos.
Palabras veciñas
degradado -da | degradador -ra | degradante | degradar | degraer | degrañar | degrañosIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degrado
degradas
degrada
degradamos
degradades
degradan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degradaba
degradabas
degradaba
degradabamos
degradabades
degradaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degradei
degradaches
degradou
degradamos
degradastes
degradaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degradara
degradaras
degradara
degradaramos
degradarades
degradaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degradarei
degradarás
degradará
degradaremos
degradaredes
degradarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degradaría
degradarías
degradaría
degradariamos
degradariades
degradarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degrade
degrades
degrade
degrademos
degradedes
degraden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degradase
degradases
degradase
degradasemos
degradasedes
degradasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degradar
degradares
degradar
degradarmos
degradardes
degradaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
degrada
-
-
degradade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles degradar
degradares
degradar
degradarmos
degradardes
degradaren
degradada
degradados
degradadas