caída

caída

(

    1. s f

      Acción e efecto de caer.

      Ex: Está tomando medicamentos para frear a caída do pelo. A caída que sufriu o albanel dende o sétimo piso non lle deixou secuelas.

    2. caída libre [FÍS]

      Movemento dun corpo sometido unicamente á forza dun campo gravitatorio; por exemplo, o que describe un corpo preto da superficie terrestre. Se non se ten en conta a resistencia do aire, este corpo está suxeito á forza constante F=mg, onde m é a masa do corpo e g a aceleración da gravidade. A ecuación do movemento será m (d 2 x/dt 2 ) =F, ecuación diferencial da que, realizada a integral, se obteñen as ecuacións do movemento uniformemente acelerado:



      FORMULA



      x= x 0 + v 0 t + 1/2gt 2 v= v 0 + gt

      onde v é a velocidade, x as coordenadas espaciais e t o tempo, e o subíndice 0 indica os valores correspondentes ás condicións iniciais.

  1. s f
    1. Pendente dunha superficie cara a abaixo.

      Ex: Superaron a caída do terreo cunha ponte.

    2. Desnivel brusco dunha corrente de auga a causa do desnivel do terreo que pode ser aproveitado como fonte de enerxía.

      Ex: Se seguimos subindo por esta aba imos ver as caídas que hai máis arriba.

  2. s f

    Diminución considerable do valor ou do prezo dalgunha cousa.

    Ex: As accións que compramos sufriron fortes caídas o mes pasado.

    Sinónimos: baixada, baixada.
  3. s f

    Falta ou acción reprobable na conduta dunha persoa.

    Ex: Está intentando deixar a adicción ás drogas, aínda que xa tivo unha caída.

  4. s f

    Parte final dun período de tempo.

    Ex: Chegamos de volta da romaría á caída do día.

  5. s f

    Cambio do tipo de goberno ou dominio.

    Ex: Os pobos xermánicos invadiron Europa trala caída do Imperio Romano.

  6. s f [ARTE]

    Partes laterais da fronte dun altar.

  7. s f [INFORM]

    Erro repentino e completo do sistema operativo dun ordenador ou dunha rede informática debido a un problema do soporte físico ou dun programa.

  8. s f [LING]

    Fenómeno de desaparición histórica dun son ou dun grupo de sons sen influír na articulación dos sons veciños. Ao fenómeno da caída pertence a aférese (APŎTHĒCA > bodega, imaxinar > maxinar), a síncope (VĒRĀNU > verán > lingua popular vran, PĔR ĀD > para > lingua falada pra) e a apócope (PLANU > chan, BONU > bo).

  9. [MAR]
    1. s f

      Inclinación dos paos dun barco, medida pola distancia horizontal entre o pé do pau e a vertical do extremo superior.

    2. s f

      Cada un dos lados dunha vela cuadra comprendidos entre o grátil e o grátil da escota.

    3. caída de popa

      Lado correspondente á relinga de popa das velas de coitelo.

    4. caída de proa

      Lado correspondente á relinga de proa das velas de coitelo.

  10. s f [TÉXT]
    1. Calidade das teas cando caen con peso abondo ou xeito como se axusta ou se encarta unha peza confeccionada.

      Ex: A tea que compraches non ten caída para facer unha chaqueta. Esa saia ten moita caída.

    2. Parte que pendura nunha toalla, nunha cortina ou en calquera outra peza.

      Ex: A caída das cortinas quedou un pouco curta.

  11. s f [XEOG]

    Lado superior do talude continental ou da vertente dunha canle (cano submarino) que limita a chaira mariña tamén chamada plataforma continental.

    Sinónimos: pendente.
  12. caída de potencial/caída de tensión [FÍS]

    Diferencia de potencial entre dous puntos dun circuíto, producida polo paso dunha corrente eléctrica a través dun elemento disposto entre estes dous puntos. O seu valor vén dado pola lei de Ohm.

Frases feitas

  • Pola caída da folla. No outono.

Refráns

  • Caer, inda que sexa a modo, nin unha vez soilo.
  • Cando caias, erte de teu, se non che botan a mano
  • Nunha mala hora cae a casa.
  • O mellor cabalo dá un tropezón.
  • Os poldros caíndo e os mozos brincando, van asisando.
  • Quen non monta a cabalo, nunca cae do cabalo.

Palabras veciñas

Caico | caicoa | Caicos | caída | caide | caído -da | caiena