pendente
(< lat pendente)
-
adx
Que está suspendido no aire.
Ex: Esa lámpada pendente do teito é a que máis me gusta.
-
adx
Que está inclinado.
Ex: O terreo é moi pendente e as vacas pacen de lado.
-
adx
Que está por resolver.
Ex: Antes de marchar deixou as cuestións pendentes resoltas. Ten unha conta pendente na tenda.
-
adx
Que presta moita atención a alguén ou a algunha cousa.
Ex: Está pendente das noticias da televisión. Estaba moi pendente do enfermo.
-
s
m
Afeite que adorna as orellas ou algunha outra parte do corpo.
Ex: Merqueille uns pendentes de ouro a miña nai. Puxo un pendente no nariz.
- s f
-
s
f
[CONSTR]
-
Inclinación que teñen os planos dos tellados para facilitar o desaugadoiro.
-
Cada un dos planos inclinados dun tellado.
-
-
[ENX]
-
s
f
Grao de inclinación que a calzada dunha estrada, a vía dun ferrocarril ou a superficie dun curso de auga ten respecto do plano horizontal. Mídese, respectivamente, en tanto por cento, en tanto por mil e en tanto por dez mil, e exprésase como a diferenza de nivel entre dous puntos que distan, respectivamente, cen, mil e dez mil metros.
-
pendente lonxitudinal
Pendente do eixe dunha obra de carácter lineal no sentido de avance das distancias na orixe.
-
pendente transversal
Inclinación de cada un dos puntos da superficie dun elemento viario nun plano perpendicular ao do eixe.
-
s
f
-
[MAT]
-
s
f
Inclinación dunha recta respecto dun eixe horizontal: mídese calculando a tanxente trigonométrica do ángulo que determina a recta co eixe.
-
pendente dunha curva nun punto
Pendente da tanxente a unha curva nun punto determinado.
-
s
f
-
s
f
[FÍS]
transcondutancia.
-
s
f
[ARQUIT/ARTE]
-
Cada un dos catro triángulos curvilíneos situados entre os arcos torais, sobre os que descansa directamente o anel da cúpula. Serven para pasar dunha planta cadrada a unha circular.
-
Ornamento esculpido en forma de cuncha.
-