pendente

pendente

(< lat pendente)

  1. adx

    Que está suspendido no aire.

    Ex: Esa lámpada pendente do teito é a que máis me gusta.

  2. adx

    Que está inclinado.

    Ex: O terreo é moi pendente e as vacas pacen de lado.

  3. adx

    Que está por resolver.

    Ex: Antes de marchar deixou as cuestións pendentes resoltas. Ten unha conta pendente na tenda.

  4. adx

    Que presta moita atención a alguén ou a algunha cousa.

    Ex: Está pendente das noticias da televisión. Estaba moi pendente do enfermo.

  5. s m

    Afeite que adorna as orellas ou algunha outra parte do corpo.

    Ex: Merqueille uns pendentes de ouro a miña nai. Puxo un pendente no nariz.

  6. s f
    1. Terreo inclinado.

      Sinónimos: ladeira, vertente. Confrontacións: costa, costa.
    2. Inclinación que forma a superficie dun terreo con respecto á horizontal.

  7. s f [CONSTR]
    1. Inclinación que teñen os planos dos tellados para facilitar o desaugadoiro.

    2. Cada un dos planos inclinados dun tellado.

  8. [ENX]
    1. s f

      Grao de inclinación que a calzada dunha estrada, a vía dun ferrocarril ou a superficie dun curso de auga ten respecto do plano horizontal. Mídese, respectivamente, en tanto por cento, en tanto por mil e en tanto por dez mil, e exprésase como a diferenza de nivel entre dous puntos que distan, respectivamente, cen, mil e dez mil metros.

    2. pendente lonxitudinal

      Pendente do eixe dunha obra de carácter lineal no sentido de avance das distancias na orixe.

    3. pendente transversal

      Inclinación de cada un dos puntos da superficie dun elemento viario nun plano perpendicular ao do eixe.

  9. [MAT]
    1. s f

      Inclinación dunha recta respecto dun eixe horizontal: mídese calculando a tanxente trigonométrica do ángulo que determina a recta co eixe.

    2. pendente dunha curva nun punto

      Pendente da tanxente a unha curva nun punto determinado.

  10. s f [FÍS]

    transcondutancia.

  11. s f [ARQUIT/ARTE]
    1. Cada un dos catro triángulos curvilíneos situados entre os arcos torais, sobre os que descansa directamente o anel da cúpula. Serven para pasar dunha planta cadrada a unha circular.

    2. Ornamento esculpido en forma de cuncha.

Formas incorrectas

pechina

Palabras veciñas

pendanga | pendello | pendencia | pendente | Pendente Pequena | pender | Penderecki, Krzysztof