"Inglaterra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 54.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, de Irlanda e de Escocia (1702-1714), da liñaxe dos Estuardo. Segunda filla de Xaime II de Inglaterra e de Ana Hyde; en 1683 casou con Xurxo de Dinamarca. Durante a revolución de 1688, que entronizou en Inglaterra o stadhouder de Holanda, Guillerme de Orange (Guillerme III de Inglaterra), marido da súa irmá María, Ana mantívose á marxe da política, mais polo Act of Stablishment de 1701 foi declarada sucesora do seu cuñado. Durante o seu Reinado presidido polas discordias entre os whigs e os tories que conseguiron impoñerse dende 1710, realizouse a unión política de Inglaterra e Escocia polo Act of Union (1707). En política exterior, nas guerras provocadas pola sucesión española, procurou atraer os cataláns á causa austríaca a cambio de garantir o sistema político catalán (sinatura do pacto de Xénova en 1705). A pesar dos memoriais dirixidos a Felipe V polos embaixadores ingleses Dartmouth e Lexington, o Tratado de Utrecht...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bank of England.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Gales (1948), duque de Rothesay e conde de Chester. Fillo da Raíña Isabel II e de Philiph Mountbatten, duque de Edimburgo. En 1981 casou con lady Diana Spencer, coa que tivo dous fillos, os príncipes Guillerme (1982) e Enrique (1984), e da que se divorciou en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda (1625-1649). Fillo de Xaime I, que se converteu no sucesor trala morte do seu irmán Enrique en 1612. Entre 1614 e 1623 negociou o seu casamento coa infanta María, filla de Filipe III de España, pero finalmente casou en 1625 coa católica Enriqueta de Francia, irmá de Luís XIII. Defensor dos dereitos da monarquía derivados da súa orixe divina, estivo constantemente en conflito co Parlamento. A intención do monarca de impoñer o anglicanismo a puritanos e presbisterianos e as sospeitas de complicidade cos católicos foron outros factores de tensión. Ao non lograr a financiación necesaria para formar un exército permanente baixo control real e sufragar as empresas contra Francia e España, disolveu o Parlamento dúas veces en 1625 e 1626, e convocou unha terceira lexislatura en 1628 co que obtivo a Petition of Right. Despois do asasinato do seu favorito, o duque de Buckingham, disolveu novamente o Parlamento en 1629 e gobernou ata 1640 como rei absolutista,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Fillo de Carlos I, tomou parte na guerra civil e, ao ser derrotado por Cromwell en Worcester (1651), exiliouse en Francia e nos Países Baixos. Foi restituído en 1660 e gobernou grazas ao apoio da reacción conservadora, no interior, e de Luís XIV, no exterior. Durante o seu goberno constituíronse os partidos tory (conservador) e whig (liberal); votáronse a Act of Habeas Corpus (1679), que garantía a liberdade persoal dos ingleses, a Test Act (1673) e a bill de exclusión (1681), que apartaban os católicos dos cargos públicos e da sucesión á coroa. Tamén tiveron lugar dúas guerras coas Provincias Unidas (1664 e 1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa d’Hainaut. Duque de Cornualla (1337) e príncipe de Gales (1343), combateu contra os franceses na Guerra dos Cen Anos e acadou as vitorias de Crécy (1346) e Poitiers (1356). Recibiu do seu pai extensos territorios na Aquitania (1363), onde emprendeu unha política centralizadora que contou coa oposición da nobreza. Interveu na Guerra dos Dous Pedros (1356-1369) a favor de Pedro I o Cruel e acadou a vitoria en Nájera, pero pactou a repartición de Castela con Pedro IV o Cerimonioso de Aragón e Carlos de Navarra. Desvinculouse da política peninsular logo da morte de Pedro I o Cruel (1369). Por mor da súa mala saúde, cedeulle o goberno de Aquitania ao seu irmán Xoán de Gante (1372) e volveu a Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1272-1307), fillo de Enrique III e de Leonor de Provenza. Participou na Guerra dos Baróns (1264-1267) á fronte dos lealistas e forzou o seu pai ao restablecemento da normalidade polo Ditum de Kenilworth (1267). Reformou as leis e a administración e fixou o funcionamento e a organización do sistema parlamentario (1295). Restableceu a autoridade da Coroa fronte aos nobres e á Igrexa, que se sublevaron en diversas ocasións (1294 e 1297), con escasos resultados. Estendeu as súas fronteiras, anexionou o País de Gales (1283) e Escocia (1296) e enfrontouse co monarca francés Filipe II polo control da Gascoña e Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1307-1327), fillo de Eduardo I e Leonor de Castela. Deixou o goberno en mans dos seus favoritos (Gaveston e De Spencers), polo que a nobreza se sublevou na súa contra (1310). O fracaso da invasión de Escocia (1314) e as posteriores derrotas de Bannockburn e Blackmore (1321) forzaron a súa abdicación e o país quedou sometido aos baróns. Executárono no castelo de Berkeley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1327-1377), fillo de Eduardo II e de Isabel de Francia. Fracasou no intento de recuperar Escocia e, malia que polo Tratado de Northampton (1328) renunciou aos seus dereitos, derrotou os escoceses en Halidon Hill (1333) e en Neville’s Cross (1346), onde capturou a David II de Escocia. Enfrontouse a Filipe VI de Francia na Guerra dos Cen Anos e derrotouno na batalla naval de Sluis (1340), na de Crécy (1346) e no sitio de Calais (1346-1347). O seu fillo, Eduardo o Príncipe Negro, capturou o monarca francés Xoán II na Batalla de Poitiers (1356) e polo Tratado de Brétigny (1360) conservou os territorios de Calais, Aquitania, Guyenne e Poitou. Reanudáronse as hostilidades co novo monarca francés Carlos V e só conservou os portos de Bordeos, Calais e Baiona (1369). Obrigado pola necesidade de fondos para continuar a guerra, concedeulle ao Parlamento o dereito de reunións regulares e organizouno en dúas cámaras: House of Lords e House of Commons. Limitou a intervención...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1461-1483), fillo de Ricardo, duque de York. O Rei Enrique VI de Lancaster expulsouno do país trala derrota na Batalla de Ludlow (1459). Converteuse no xefe da casa de York pola morte do seu pai en Wakefield (1460) e, despois de vencer os Lancaster na Batalla de Mortimer’s Cross (1461), o Parlamento proclamouno rei. Coroado en xuño dese ano, na súa minoría de idade Richard Neville, conde de Warwick, actuou como rexente. Tentou adaptar a nobreza aos seus intereses, feito que orixinou un enfrontamento coas vellas familias e co rexente, o conde de Warwick. Este aliouse aos Lancaster, expulsouno do trono (1470) e obrigouno a exiliarse nos Países Baixos, mentres Enrique VI tomaba o poder. Regresou a Inglaterra (1471) apoiado por Carlos o Temerario, duque de Borgoña, e derrotou os Lancaster en Barnet e Tewkesbury. No 1475 enfrontouse con Luís XI de Francia e obtivo un tributo anual a cambio da paz. Favoreceu a actividade comercial e baixo o seu goberno introducíronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1483), fillo de Eduardo IV. Príncipe de Gales (1471), foi confinado xunto co seu irmán Ricardo, duque de York, na torre de Londres trala morte do seu pai (9.4.1483), a causa da loita entre os seus tíos Ricardo, duque de Gloucester, e Anthony Woodville, segundo conde de Rivers. Ricardo declarounos fillos ilexítimos e usurpoulles o trono en xuño de 1483. Suponse que foron executados por Ricardo III ou polo seu sucesor Enrique VII Tudor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra e Irlanda (1547-1553), fillo de Enrique VIII e de Xoana Seymor. Sucedeu o seu pai baixo a rexencia do seu tío Eduardo Seymor, conde de Hertford. Durante o seu reinado, o rexente invadiu Escocia e acadou a vitoria en Pinkie en setembro dese ano. Favoreceu a difusión da Reforma e, malia a oposición dos católicos, recoñeceu o protestantismo en Inglaterra. Enfrontouse cunha revolta campesiña (1549) e ao ano seguinte caeu enfermo de tuberculose. Logo da súa morte, a súa irmá María apoderouse do trono e iniciouse un período de reacción católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei do Reino Unido e Irlanda (1901-1910), fillo da Raíña Victoria I. Mecenas das artes, representou a coroa británica no exterior despois da morte do seu pai (1861). Como monarca puxo fin á Guerra Anglo-Bóer (1902), mostrouse antixermánico e fomentou a firma de tratados de arbitraxe entre o Reino Unido e Francia, España, Italia, Alemaña e Portugal (1903-1904). Promoveu a Entente Cordiale (1904) con Francia e estableceu un pacto con Rusia (1907). Á fin do seu reinado abriuse unha crise constitucional polo intento de limitar o poder de veto da House of Lords.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei do Reino Unido e Irlanda e emperador da India (20.1.1936-11.12.1936). Sucedeu o seu pai Xurxo V. Participou na Primeira Guerra Mundial e nos anos seguintes interveu en diversos proxectos sociais. O seu desexo de casar cunha muller divorciada, a estadounidense Wallis Warfield Simpson, derivou nunha crise constitucional pola oposición do primeiro ministro, Stanley Baldwin, e do seu gabinete. Abdicou en favor do seu irmán o duque de York, o futuro Xurxo VI, e conservou o título de duque de Windsor. En xuño de 1937 casou con Wallis W. Simpson. Na Segunda Guerra Mundial foi xeneral de división das Forzas Expedicionarias Británicas (BEF) e gobernador das illas Bahamas (1940-1945). Despois da guerra, viviu como cidadán británico nos EE UU e Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1100-1135), fillo de Guillerme I o Conquistador. Trala morte do seu irmán Guillerme II, impúxose sobre os dereitos do seu irmán maior, o duque Roberto II de Normandie, e accedeu ao trono. Roberto fracasou no seu intento de invadir Inglaterra e Normandie incorporouse á coroa. Promulgou unha carta de privilexios nobiliarios e emprendeu o reforzamento do poder da monarquía e a centralización administrativa. Enfrontouse coa Igrexa pola cuestión das investiduras. Sucedérono a súa filla Matilde e o seu xenro Godofredo Plantagenet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1154-1189), duque de Normandie e señor de Maine, Anjou e Turena,   fillo do conde Godofredo V Plantagenet e de Matilde, filla de Enrique I de Inglaterra. Casou con Leonor de Aquitania (1152), polo que adquiriu os territorios de Aquitania, Poitou, Perigord e Gascuña. Impúxose como herdeiro do seu tío Estevo I de Inglaterra e engadiu as súas posesións á coroa inglesa. Loitou contra os privilexios da Igrexa e da nobreza para fortalecer a monarquía e polas Constitucións de Clarendon (1164) recuperou o dominio sobre a Igrexa. Tralo asasinato de Thomas Becket, arcebispo de Canterbury (1170), rectificou na cuestión da xurisdición eclesiástica. Someteu Gales, Irlanda (1172) e Escocia (1175) á súa soberanía. Impúxose sobre os nobres, apoiados pola súa muller e polos seus fillos (1174), e desenvolveu a figura do sheriff, que impartía xustiza en nome do rei segundo a common law. Mantivo unha disputa constante co monarca francés Luís VII. Na fin do seu reinado producíronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1217-1272), fillo de Xoán Sen Terra. Casou con Leonor de Provenza (1236) e deixou o goberno nas mans dos provenzais. Malia os seus intentos, non recuperou as posesións inglesas en territorio francés (1230 e 1242) e, polo Tratado de París (1259), perdeu definitivamente Normandie, Maine, Anjou, Poitou e Turena. O fracaso dos seus proxectos internacionais, nos que seguiu os ditados do papado, os graves problemas financeiros e unha política interna centralista, enfrontárono cos nobres que, dirixidos por Simón de Montfort, se agruparon ao redor do Parlamento (1258). Impuxéronlle as Provisións de Oxford, ás que se sumaron as de Westminster (1259). Malia o apoio de Luís IX de Francia, o malestar popular desembocou na Guerra dos Baróns (1261-1265). Derrotado por S. de Montfort (1265), reuniu o Parlamento e iniciou un programa de reformas. O seu fillo Eduardo (futuro Eduardo I de Inglaterra) venceu a S. de Montfort en Evesham e resolveu o conflito polo Ditum de Kenilworth...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1399-1413), fillo de Xoán de Gante, duque de Lancaster. Desterrado polo seu primo Ricardo II (1398), volveu a Inglaterra (1399), capturou o monarca e, despois de facelo abdicar, proclamouse rei coa axuda da Cámara dos Comúns. Sufocou os ataques de Francia (1402), as sublevacións dos nobres (1403) e emprendeu a reconquista de Gales (1409). Nos seus últimos anos deixou o goberno nas mans do consello real, dividido en diversas faccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1413-1422), fillo de Enrique IV. Reprimiu a herexía lolarda (1414) e executou o seu líder, sir John Oldcastle (1417). Continuou a Guerra dos Cen Anos contra os franceses, aos que venceu en Azincourt (1415). En alianza co Emperador Sexismundo, iniciou a conquista de Normandie (1417). Polo Tratado de Troyes (1420) foi considerado rexente e herdeiro de Carlos VI de Francia e concertou o seu matrimonio coa súa filla Catarina de Valois. Os Estados Xerais recoñecérono como rei de Francia e deixou o seu irmán como gobernador de Normandie (1421). Os franceses subleváronse e derrotaron o seu irmán, polo que volveu a Francia nunha terceira campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1422-1461 e 1470-1471),   fillo de Enrique IV e de Catarina de Valois. Durante a rexencia dos duques de Gloucester e de Bedford (1422-1435), foi coroado rei de Francia, pero tralo fracaso do Sitio de Orléans (1428-1429) perdeu as súas posesións francesas, agás Calais. Casou con Margarida de Anjou (1445). Na Guerra das Dúas Rosas foi capturado pola Casa de York en Northampton e recoñeceu a Richard, duque de York, como o seu sucesor. Fuxiu a Escocia trala proclamación de Eduardo IV como rei en 1461. Participou na sublevación contra este e foi encarcerado na Torre de Londres (1465). En 1470 foi restablecido nominalmente no poder, pero Eduardo IV volveu vencelo e encerrouno na Torre de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO