Enrique III de Inglaterra

Enrique III de Inglaterra

Rei de Inglaterra (1217-1272), fillo de Xoán Sen Terra. Casou con Leonor de Provenza (1236) e deixou o goberno nas mans dos provenzais. Malia os seus intentos, non recuperou as posesións inglesas en territorio francés (1230 e 1242) e, polo Tratado de París (1259), perdeu definitivamente Normandie, Maine, Anjou, Poitou e Turena. O fracaso dos seus proxectos internacionais, nos que seguiu os ditados do papado, os graves problemas financeiros e unha política interna centralista, enfrontárono cos nobres que, dirixidos por Simón de Montfort, se agruparon ao redor do Parlamento (1258). Impuxéronlle as Provisións de Oxford, ás que se sumaron as de Westminster (1259). Malia o apoio de Luís IX de Francia, o malestar popular desembocou na Guerra dos Baróns (1261-1265). Derrotado por S. de Montfort (1265), reuniu o Parlamento e iniciou un programa de reformas. O seu fillo Eduardo (futuro Eduardo I de Inglaterra) venceu a S. de Montfort en Evesham e resolveu o conflito polo Ditum de Kenilworth (1267), ao tempo que estableceu limitacións ao poder real.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Winchester

  • Deceso

    Lugar : Westminster