"RCH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 203.

  • Institución fundada por Bieito XIV co nome de Accademia delle Romane Antichitá (1740), ten a súa orixe, sen embargo, na Accademia Romana. Pío VIII concedeulle o título de Pontificia, polo que a partir dese momento pasou a designarse Accademia Romana Pontificia di Archeologia. Ten por obxecto principal o estudo da antigüidade clásica e paleocristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica, afluente do Texo pola dereita. Nace na serra de Gredos e descende pola horta de Talavera de la Reina, cerca de onde desemboca logo dun percorrido de 177 km. No seu curso están os pantanos da Charca del Cura, San Juan, Burguillo e Las Picadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor. Publicou o relato Posta de sol (1919) no suplemento Terra a Nosa! do xornal El Noroeste. A acción, que narra a historia sentimental dunha parella, desenvólvese no ambiente burgués da cidade de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e avogado escocés. Escribiu History of Europe from the commencement of the French Revolution to the Restoration of the Bourbons (Historia de Europa dende a Revolución Francesa ata a Restauración dos Borbóns, 1833-1842) e History of Europe from the fall of Napoleon to the accession of Louis Napoleon (Historia de Europa dende a caída de Napoleón ao ascenso de Luís Napoleón, 1852-1859), de carácter conservador. Rexeitou as teorías malthusianas en Principles of population (Principios de poboación, 1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código empregado para representar todos os caracteres alfanuméricos, signos de puntuación e outros caracteres de control, por medio de 8 díxitos binarios. A táboa, empregada nos ordenadores persoais, dispón de 256 caracteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario republicano aparecido na Coruña en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario ilustrado aparecido en Vigo no outono de 1898, que cesou aos catro ou cinco números. O seu director foi Vicente Fuster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro cultural obreiro que se fundou na Coruña o 18 de xaneiro de 1897 co subtítulo “sociedad de actos civiles”. Non tivo unha sede social estable, ocupando diferentes locais ao longo da súa existencia. Os seus obxectivos fundacionais eran favorecer o desenvolvemento das ideas librepensadoras e difundir a instrución integral e laica. Dende os seus comezos ata a súa disolución en 1936 por mor da Guerra Civil española, foi impulsada, entre outros, polos republicanos Eduardo López Budén e Xosé Arias Díaz, acompañados de anarquistas que defenderon a visión laica da vida pública. Neste eido, cabe sinalar o esforzo da Antorcha en soster a súa escola laica, moi vencellada á figura do mestre racionalista Constancio Romeo Lasarte, dende 1898 ata 1922. A partir de 1901 desenvolveron programas de educación para adultos en horario nocturno, co fin de facilitar o acceso á instrución de boa parte da poboación traballadora. Os proxectos da Antorcha Galaica del Libre Pensamiento chocaron acotío coas autoridades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal ilustrada publicada na Habana entre o 5 de outubro de 1913 e o 8 de marzo de 1914. Foi dirixida por Anxo Fernández e administrada por Xulián Cabrera. Incluía novas sobre Galicia, do Centro Galego da Habana e das Sociedades de Instrución, xunto cunha páxina literaria de poesía e prosa na que aparecían colaboracións de Curros Enríquez e Lugrís Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en decembro de 1892 en Pontevedra. Xoán David Pérez Mandado foi o seu director, propietario e redactor. Desapareceu aos poucos números e nel facíase publicidade das rías galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ferrol en 1901 que desapareceu en abril de 1905. Subtitulado como “Semanario socialista, defensor de los trabajadores y del pueblo”, foi editado na imprenta do xornal La Marina. Ao cabo dun ano de andaina tiña unha tiraxe de 300 exemplares. Foi o sucesor de El Bien del Obrero (1900-1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro cultural para a educación do proletariado, fundado na Coruña o 14 de xullo de 1936. No seu domicilio social da rúa dos Feáns impartíase unha formación obreira de claro carácter anarquista, fundamentada nas bases da educación libertaria promovida e organizada por Ferrer i Guardia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en Cedeira en 1930, subtitulado “Decenario defensor de los intereses generales de la comarca Cedeiresa”.

    VER O DETALLE DO TERMO