"RWA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 24.
-
PERSOEIRO
Médico da familia dos Ibn Zuhr. A súa obra máis importante é o Kitāb altaysīr fi-l-mudāwāt wa-l-tad-bīr (Libro que facilita a terapéutica e a dieta), o máis importante tratado de medicina práctica da cultura árabe medieval, baseado en datos observacionais, non na opinión dos clásicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e violinista. Entre 1812 e 1828 foi violinista da orquestra da Corte de Estocolmo. Caracterízase polo emprego de harmonías e texturas cálidas, e a súa maior achega foi o repertorio orquestral da década de 1840, sobre todo a Sinfonía singulière (Sinfonía singular, 1845). Compuxo as óperas: Estrela Soria (1841) e A Raíña de Golconda, estreada en 1968. En 1867 foi nomeado profesor de composición da Real Academia Sueca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán da Selva de Bohemia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de aviación británica, constituída no 1973, ao fusionarse a British Overseas Airways Corporation [BOAC], a British European Airways [BEA] e a British Southamerican Airways [BSSA]. Dispón do avión supersónico Concorde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía británica de aviación fundada no ano 1946 para explotar rutas aéreas interiores en Europa e en Oriente Medio. Creou o primeiro servizo postal europeo con helicópteros (1947) e o primeiro servizo interior regular de pasaxeiros, a liña Cardiff-Liverpool (1950). Foi a primeira compañía en utilizar avións movidos por turbohélices. No 1973 quedou integrada na British Airways.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de aviación británica procedente da fusión, no 1939, da Imperial Airways e da British Airways. Requisada durante a Segunda Guerra Mundial, volveu ás actividades civís no 1946 e estendeu a súa rede aérea polos países da Commonwealth e de América do Norte. No 1973 quedou integrada na British Airways.
-
PERSOEIRO
Visir do califa abbásida al-Mu’tasim. Convertido á relixión musulmana, foi o encargado da educación do califa, que o nomeou visir no 833. Acusado de prevaricación tres anos despois, foi apreixado e os seus bens confiscados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica cinematográfica ou literaria que se emprega para describir un paso adiante no tempo da historia que se narra. Nunha historia lineal viáxase ao futuro para explicar o pasado ou o presente.
-
CIDADES
Cidade do estado de Karnātaka, India (648.298 h [1991]). É un dos principais centros da industria algodoeira do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de dialectos das linguas munda faladas por grupos dispersos de Orissā, no extremo L do altiplano da India central: os santalis, os mundaris e os hō.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía estadounidense de aviación fundada en 1927 para dar servizo á liña Florida-Cuba, a primeira internacional de EE UU. A partir de 1945 iniciou a diversificación das súas actividades, dedicándose á hostalaría e aos programas espaciais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ruanda.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África centroriental que limita ao N con Uganda, ao L con Tanzania, ao S con Burundi e ao O coa República Democrática do Congo (26.338 km2; 8.162.715 h [2002]). A súa capital é Kigali.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Situado na rexión dos Grandes Lagos Africanos, o país esténdese sobre un altiplano cunha altitude media de entre 1.500 e 2.000 m, onde se sitúan numerosos lagos. Todo o país se atopa moi fracturado e no NO sobresae unha cadea de volcáns que culmina no Karisimbi (4.507 m). A rede hidrográfica está composta polo lago Kivu, o río Kagera, que dá nacemento ao Nilo, e numerosos lagos nas zonas montañosas. O clima é subecuatorial temperado pola altitude, con chuvias moi abundantes. A temperatura media é de 26°C e as precipitacións varían entre os 800 mm no L do país e os 2.000 no O. A vexetación predominante é a sabana. Os bosques, abundantes noutros tempos, están reducidos a pequenas zonas na rexión do lago Kivu. Na montaña hai... -
TERRITORIOS
Territorio de África Oriental baixo o mandato (1916-1946) e o fideicomiso belga (1946-1962), que se converteu, en 1962, nos estados de Rwanda e Burundi.
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo paleozoico situado en Marrocos (3.404 m), cun volcán do Terciario, que une o Grande Atlas co Pequeno Atlas.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do centro de Suíza, ao S do lago dos Catro Cantóns (767 km2; 69.880 h [2000]). Abrangue os cantóns de Obwalden ao O e o de Nidwalden ao L. Ocupa a zona prealpina que se estende desde a ribeira meridional do lago ata o N de Oberland, formada por un relevo de montañas medianas que acadan a máxima altitude ao S (Titlis, 3.243 m). A súa economía baséase na gandaría de orientación leiteira. Os principais centros urbanos son as dúas capitais cantonais: Sarnen e Stans. A poboación é de fala alemá e de confesión católica. En 1921 asinou, xunto cos cantóns Uri e Schwyz, a Ewiger Bund (‘Alianza Eterna’) contra os Habsburgo, inicio da Confederación Helvética. En 1333 separáronse os vales de Sarnen e de Stans, orixe dos dous semicantóns homónimos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro escrito por F. Kafka en 1912 -publicado en 1915-, que trata a historia dun viaxante de comercio, Gregorio Samsa, quen esperta un día convertido en insecto. A través dun percorrido polo seu cuarto repasa o seu pasado, observa a súa familia e concibe plans de futuro. Trátase dun dos textos precursores do expresionismo e do surrealismo.
-
LAGOS
Lago de Suíza (114 km2) situado a 434 m de altitude, na zona de contacto da Suíza alpina e a Suíza media. Atravésao o Reuss, afluente do Aare. A cidade máis importante da súa ribeira é Lucerna.
VER O DETALLE DO TERMO