"Rif" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 250.

  • PERSOEIRO

    Xefe dos sanussi (1902-1918), neto do fundador desta secta. Durante a Primeira Guerra Mundial loitou cos turcos contra os británicos, pero ao rematar a guerra tivo que fuxir e refuxiarse en Odessa. En Ancara foi un activo panislamista (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela mourisca, aínda sen tradución ao galego, escrita cara ao 1551 e publicada en 1565. Narra a historia de amor de Jarifa e Abindarráez e o seu casamento en segredo. Este tema aparece nos chamados Romances fronterizos e nas obras de diversos autores como Antonio de Villegas, Jorge de Montemor, Juan Timoneda e Lope de Vega, quen o aproveita en La Dorotea e en El remedio en la desdicha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • falconiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe da orde dos acipenseriformes.

    2. Orde de peixes da superorde condrósteos á que pertence a familia acipenséridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto farmacéutico, chamado tamén gonacrina, constituído por unha mestura de colorantes acridínicos. Emprégase como tópico bacteriostático e bactericida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conduce aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o aspecto ou as propiedades físicas do aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestre de obras antigamente dedicado a labores de arquitectura e albanelería.

    2. Individuo que emprega tácticas e malas mañas, de malos costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede empregada para a pesca da zamborca e que se recolle dende a beira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede empregada para a pesca do salmón e a zamborca no río Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio e xurisdición de almoxarife.

    2. Imposto pagado entre os sarracenos polas mercadorías que entraban e saían dunha localidade. Foi conservado pola facenda castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entre os sarracenos, na Idade Media, encargado da recadación dos dereitos de alfándegas.

    2. Nos reinos cristiáns da Península Ibérica, na Idade Media, oficial que tiña a responsabilidade da percepción e a custodia das rendas e dereitos dos reis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran rede de arrastre rectangular, duns cen metros de longo e dez de alto, de malla de cincuenta milímetros, que leva por riba uns cortizos e pola parte inferior pandulleiras para que se manteña vertical. As cabezas rematan en dúas cordas ou tiros, unha de 450 m de longo e outra de 40 m, que tamén levan cortizos para poder tirar mellor delas. Lárgase durante o día dende unha barca, que deixa o tiro curto amarrado en terra mentres vai deitando a rede en forma de arco ata chegar de novo á beira, onde cinco homes tiran dela para coller o peixe. Emprégase no Baixo Miño para a pesca da zamborca e do salmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde dos anseriformes.

    2. Ave da orde dos anseriformes.

    3. Orde de aves acuáticas da superorde dos neognados. Comprende a maioría das especies que antigamente se reunían no grupo dos palmípedos. Pertencen á familia única dos anátidos. Presentan os tres dedos anteriores das patas unidos por unha membrana e o posterior reducido. O peteiro é ancho e plano. Moitas teñen unha glándula sebácea preto da cola: o animal recolle co bico a graxa que segrega e unta as plumas con ela. O seu réxime alimentario é variado: son piscívoras, vexetarianas e planctófagas. Moitas especies son facilmente domesticadas e moi apreciadas en avicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha ou diversas anteras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non auténtico, finxido ou do que se dubida sobre a súa autenticidade.

    2. Documento, texto ou libro sobre o que se dubida en canto á súa atribución, procedencia, data e, en xeral, sobre a súa realidade.

    3. Cada un dos libros relixiosos que non se consideran canónicos. Os católicos chaman ‘apócrifos’ aos escritos que se parecen aos canónicos polo seu tema ou pola súa atribución a un autor inspirado. Os protestantes chámanos pseudoepigráficos, considerando apócrifos os libros do Antigo Testamento que só se conservan en versión grega e faltan no canon xudeu do s I: os libros de Tobías, de Xudit, da Sabedoría, o Eclesiástico, o de Baruc, Macabeos I e II e algúns capítulos dos de Ester e de Daniel; estes libros, denominados deuterocanónicos polos católicos, pasaron a facer parte do seu canon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ou que contén ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO