alxerife

alxerife

(< ár al-jārif)

s m [PESCA]

Gran rede de arrastre rectangular, duns cen metros de longo e dez de alto, de malla de cincuenta milímetros, que leva por riba uns cortizos e pola parte inferior pandulleiras para que se manteña vertical. As cabezas rematan en dúas cordas ou tiros, unha de 450 m de longo e outra de 40 m, que tamén levan cortizos para poder tirar mellor delas. Lárgase durante o día dende unha barca, que deixa o tiro curto amarrado en terra mentres vai deitando a rede en forma de arco ata chegar de novo á beira, onde cinco homes tiran dela para coller o peixe. Emprégase no Baixo Miño para a pesca da zamborca e do salmón.

Palabras veciñas

Alxer | Alxeria | alxeriano -na | alxerife | alxerino -na | alxesia | alxibe