"Sado" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 221.

    1. Que queima dun xeito intenso.

    2. Que sufoca, que afoga por mor da calor existente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que adoptou os costumes burgueses caracterizados por unha postura cómoda, conformista e descomprometida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de acusar.

    2. Persoa contra a que se dirixe, en xeral, a acusación penal. Recibe o nome de inculpado ou querelado, na fase inicial; de procesado, no sumario, se é decretado o procesamento formal, e de acusado propiamente dito cando, comezado o xuízo oral, se pide unha pena ou se esixe unha responsabilidade pecuniaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen acusa.

    2. Persoa que nun proceso penal mantén a acusación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condensador que emprega aire frío como refrixerante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de afrancesar.

    2. Que ou quen adoptou ou imita con afectación os costumes franceses.

    3. Que ou quen é partidario do francés.

    4. Aplicado ás persoas que colaboraron co Rei Xosé I de España, irmán de Napoleón I posto por este no trono de España trala invasión da Península Ibérica polas súas tropas. En principio, incluía os persoeiros ascendidos polo Motín de Aranjuez (marzo de 1808) que, malia aconsellaren a Fernando VII que viaxara á Baiona francesa, acabaron recoñecendo a conveniencia dun cambio dinástico. O bando afrancesado non cristalizou ata despois da Batalla de Bailén (xullo de 1808), xa que algúns dos que concorreron á Asemblea de Baiona abandonaron a obediencia a Xosé I. Pola súa actitude e os seus compromisos, cómpre diferenciar varios grupos de afrancesados. Un estaría formado por aqueles que, como Azanza, O’Farril, Urquijo, Cabarrús, Llorente e Meléndez Valdés, se adheriron á causa e persistiron ata o final. Outro estaría formado por un grupo de escritores sevillanos (Arjona, Lista, Miñano), afiliados ao partido afrancesado en 1810. Os funcionarios que non tiveron azos para...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de afusar.

    2. Que ten a forma de fuso.

    3. A metade dun afusal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De cor gris ou similar ao gris, cinsento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título de Castela concedido polos Reis Católicos no ano 1484 a García Fernández Manrique de Lara. A grandeza de España, unida ao título, foi recoñecida, no ano 1520, ao seu fillo e segundo marqués, Luís. No ano 1662, o título pasou aos Silva e no 1712 aos marqueses de Villena. Despois, recaeu nos duques de Medinasidonia. Actualmente é posesión dos Travesedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de alisar.

    2. Procedemento que realizan algúns escáneres de imaxes co obxecto de mellorar a súa presentación visual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que alisa ou serve para alisar.

    2. Ferramenta que serve para alisar.

    3. Rolete de buxo ou doutra madeira forte, de superficie lisa, con dúas agarradeiras nos seus extremos, que utilizan os cereiros para alisar e puír as ceras.

    4. Máquina para puír a superficie da pel adobada e acabada. Xeralmente é un tambor rotativo de metal ou de madeira, recuberto de feltro ou tecido de la, contra o que se aplica a pel estirada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten o sabor ou o cheiro do anís.

    2. Augardente de herbas preparada fundamentalmente con anís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destilador para anisar. Un dos máis empregados é o de Egrot, que consiste nun recipiente de cobre dentro do que vai pendurada unha rede ou saqueta que contén a esencia de anís. Os vapores de alcohol atravesan a rede e satúranse da esencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na familia, aquel que viviu nun tempo anterior ao momento tomado como referencia.

    2. Nunha evolución, etapa primixenia ou primeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio dos Países Baixos, unha das dezasete antigas provincias. Cara ao 950 quedou baixo a autoridade do Sacro Imperio Romano-Xermánico, e no 1008 foi erixida como marquesado baixo a dependencia do Imperio e do duque de Brabante, a partir do cal seguiu as vicisitudes históricas da casa de Brabante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De figura rectangular coa base máis grande ca a altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten aspecto ou forma semellante á dun raposo.

    2. O que fala, obra ou mira con receo ou cautela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O que é difícil de facer e comprender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de barro con asas onde se acostuma gardar o leite.

    VER O DETALLE DO TERMO