"Savoia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión administrativa de Ródano-Alpes, Francia (4.388 km2; 618.229 h [estim 1995]). A capital é Annecy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amadeo I de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - ? 1047) Segundo conde de Savoia, fillo de Humberto I de Blancamano. Ademais do condado de Savoia posuía os de Belley, Nyon, Aosta, Salmorenc e Moriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto conde de Savoia (1060-1072), fillo de Odón e da condesa Adelaida de Susa, de quen herdou o Piemonte. Con el a casa dos Savoia pasou a controlar os accesos cara aos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo conde de Savoia (1103-1148), fillo de Humberto II, a quen sucedeu baixo a rexencia da súa nai, Xisela de Borgoña. No 1115 casou con Matilde de Albon. Apoiou a Conrado de Hohenstaufen contra Lotario de Supplinburg, quen ocupou Turín (1136), pero á súa morte (1137) a cidade retornou ao control de Amadeo. Morreu na segunda cruzada, na que participara xunto co Rei de Francia. Fundou a abadía de Altacomba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo conde de Savoia (1233-1263), fillo de Tomé I, a quen sucedeu, e de Beatriz-Margarida de Xenebra. Prestoulle axuda ao Emperador Federico II contra o Papa Inocencio II, polo que recibiu a cambio os títulos de vigairo imperial do Piemonte e da Lombardía. Conseguiu que o marqués de Monteferrato renunciase aos seus dereitos sobre Turín. Guerreou contra a cidade de Alexandría, logrando estender os seus dominios a Bard (1241) e a Rívoli (1247).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Noveno duque de Savoia, fillo de Luís II e de Ana, filla do Rei de Chipre. Casou con Violante de Francia, filla de Carlos VII e irmá de Luís XI. Fundou numerosos hospitais e fixo numerosas doazóns a outros xa existentes. Na guerra que sostivo con Galeazzo Sforcia, duque de Milán, outorgoulle a liberdade logo de que o prenderan as súas tropas e deulle a man da súa filla en matrimonio para celebrar a paz. A igrexa católica recoñeceuno como beato, designando a súa festa no día da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duodécimo conde de Savoia (1285-1323), fillo de Tomé II e sobriño de Filipe I, a quen sucedeu; foi o fundador da liñaxe de Savoia que reinou posteriormente en Italia. Durante todo o seu goberno loitou contra o Delfinado, co fin de rexeitar as aspiracións ao condado de Savoia do Delfín Humberto. Aliouse con Filipe IV de Francia contra Flandres. Polo seu matrimonio (1272) con Sibila de Baugé converteuse en cuñado do Emperador Enrique VII. Foi investido vigairo real en Lombardía, Príncipe do Imperio e recibiu o condado de Asti. Estableceu como dereito de herdanza da súa casa a sucesión do primoxénito por liña masculina e prohibiu a división dos territorios de Savoia. Foi protector das ciencias e das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Decimo sétimo conde de Savoia (1343-1383), fillo de Aimó e de Iolanda de Monteferrato. Sucedeu a seu pai en 1343. Por medio dun acordo con Xoán II de Francia e despois de renunciar ao Delfinado, tomou posesión do Gex e Faucigny (1355); adquiriu por compra o Vaud (1359). Prestoulle vasalaxe ao Emperador Carlos IV, quen o nomeou vigairo imperial en Borgoña. Ocupou o Piemonte (1360), rexencia que obtivo en 1368. No ano 1379 foi recoñecido señor de Biella. Apoiou a Luís I de Anjou, quen lle cedeu Cuneo (1382), e acompañouno na expedición a Nápoles na que morreu. Fundou a Orde do Colar, chamada posteriormente da Santa Anunciata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo oitavo conde de Savoia (1383-1391). Fillo de Amadeo VI de Savoia e de Bona de Borbón. Loitou ao carón de Carlos VI de Francia en Flandres contra os ingleses (1383). Deulle a Savoia unha saída ao mar coa adquisición de Niza (1388), que lle foi entregada polos súbditos nisardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo noveno conde (1391-1416) e duque (1416-1440) de Savoia, fillo e sucesor de Amadeo VII. Sexismundo I outorgoulle o título ducal (1416). Coa extinción dos Savoia-Acaia (1418) conseguiu os territorios de Italia, con Turín como capital, onde creou a universidade. Estruturou os novos territorios cos Decreta seu Statuta (1430). En 1434 deixoulle parte do goberno a seu fillo, Luís I, e retirouse a Ripaille, onde fundou a Orde Militar dos Cabaleiros de San Mauricio (1434). Foi elixido Antipapa co título de Félix V no Concilio de Basilea (1439). En 1440 renunciou ao ducado e o 24 de xullo foi coroado Papa en Basilea, sen embargo, debido aos poucos príncipes que lle recoñeceron o título, renunciou ao Papado no Concilio de Lausana (1449). Foille recoñecida a dignidade cardenalicia e foi nomeado delegado apostólico en Savoia e en parte de Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Bizancio. Filla de Amadeo V, conde de Savoia e de María de Brabante. Cambia o seu nome de Xoana polo de Ana ao casar (1326) con Andrónico III, coemperador de Bizancio. Rexente do seu fillo Xoán V, oponse á influencia de Xoán Cantacuze, quen, en rebelión, se proclama Emperador en Tracia (1341), e no 1347 entra en Constantinopla. Non obstante , Ana consegue facer que abdique en 1354.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Milán. En 1468 casou con Galeazzo Maria Sforza, duque de Milán. Ao morrer o seu home, en 1476, fixo que se proclamase sucesor ao seu fillo Giovanni Galeazzo, asumiu a rexencia e confiou o goberno a Cico Simonetta, opoñéndose aos seus cuñados Sforza. Non obstante , o levantamento e a separación de Xénova (1478) desacreditou a Simonetta e Bona decidiu en favor de Ludovico Sforza (1479), renunciou á tutela e abandonou Milán en 1480.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (Rivoli 1562 - 1630) Duque de Savoia (1580-1630). Fillo de Manuel Filiberto I, intentou manter a independencia do seu estado e oscilou entre as súas alianzas cos franceses e os españois. Interveu nas guerras de relixión de Francia no 1588 e, de acordo coa Liga Católica, apoderouse do marquesado de Saluzzo. Vencido por Enrique IV de Francia, polo Tratado de Lyon (1601) cedeulle os territorios de Bresse, Bugey e Gex a cambio de Saluzzo. Interveu do lado de Francia no conflito da Valtellina (1622) pero foi abandonado polos seus aliados. Axudou a Filipe IV na guerra de sucesión de Mantua e Monferrato no 1628, pero Luís XIII obrigouno a manter a neutralidade despois da vitoria do paso de Susa no 1629. Cando faleceu, franceses e españois loitaron nos seus territorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Savoia (1268-1285), fillo de Tomás I. Foi bispo de Valence e arcebispo de Lyon (1246), antes de suceder, en 1260, ao seu irmán Pedro II de Savoia. Renunciou á carreira eclesiástica e casou con Alicia de Borgoña, con quen non tivo descendencia, polo que o seu sucesor foi o seu sobriño Amadeo V de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1496-1497), conde de Bressa e señor de Buguey, fillo do duque Luís I. Mandou asasinar o chanceler do seu pai, G. Valperga, que o acusaba de estar ao servizo do rei de Francia. Combateu, xunto co duque de Borgoña, fronte ao monarca galo, co que pouco despois acabou reconciliándose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rexente de Francia (1515), filla de Filipe de Savoia. Duquesa de Angulema polo seu matrimonio con Carlos de Valois, do que naceron Francisco I e Margarida de Valois-Agulema, asinou, xunto con María de Austria, á Paz de Cambrai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1533-1580), fillo do duque Carlos III. Entrou ao servizo do Emperador Carlos V en 1545, despois de que Francia invadira o seu ducado en 1536. En 1553 foi nomeado xefe do exército imperial en Flandres e, máis tarde, foi lugartenente xeral de Países Baixos. Nomeado gobernador por Filipe II (1556), derrotou os franceses nas batallas de Saint-Quentin (1557) e Gravelines (1558). En 1559 recuperou o seu ducado e casou coa irmá de Enrique II de Francia, que achegou o ducado de Berry como dote. Organizou o seu estado cunha administración centralista e dotouno dun exército permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1701-1714), filla de Víctor Amadeo II de Sardeña. Casou en 1701 con Filipe V. Durante a ausencia do seu marido (1702), foi a gobernadora e lugartenente do reino.

    VER O DETALLE DO TERMO