"Sofía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 22.

  • Corrente teosófica desenvolvida polo filósofo austríaco Rudolf Steiner, que postula a existencia dun mundo espiritual que é accesible ás facultades cognoscitivas latentes en todos os seres humanos. Para promover o coñecemento da “ciencia espiritual”, Steiner creou no 1912 a Sociedade Antroposófica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de filósofos e profesores relacionados co mundo da Filosofía creada no ano 1981 en Pontevedra. Os seus obxectivos son a anovación temática e metodolóxica no campo da Filosofía e a normalización da lingua galega, sobre todo no mundo do ensino. Organizáronse numerosos encontros, congresos, xornadas pedagóxicas e conferencias nas que analizaron as obras de Marx, Castelao, Engels, etc. Os seus colaboradores publicaron en revistas, xornais e libros de ensaio numerosos artigos e investigacións sobre autores galegos e estranxeiros como Celso Emilio Ferreiro, Fermín Bouza Brey, Xoán V. Viqueira, Amor Ruibal, Indalecio Armesto, Ricardo Mella, Sartre, Fromm, Garaudy, etc. A propia asociación editou Antón Losada. Teoría e Praxe (1984), Postmodernidade e poder (1989), O pensamento galego na historia. Aproximación crítica (1992), América Latina. Entre a realidade e a utopía (1992), Filosofía e Xénero (1996) e Filosofía e Lingua (1997)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación monolingüe en galego, que apareceu en Santiago en decembro de 1990. Este boletín proporcionaba información sobre a sociedade a xeito de proxectos, estatutos, asembleas, seminarios, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sofía Guadalupe Pérez de Eguía Casanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa bizantina situada na antiga Constantinopla. A construción primitiva incendiouse durante a revolta suscitada polo exilio de Xoán Crisóstomo. Reconstruída por Teodosio II (415), foi novamente devastada no 532. Nese mesmo ano, Xustiniano comezou a edificar o novo templo dedicado á divina sabedoría. Construído por Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto, consagrouse no 537. No 577, a cúpula tivo que refacerse e, tralos terremotos dos ss IX e X, renovouse a igrexa. No 1204 saqueárona os latinos e trala conquista de Istambul polos turcos (1453), converteuse en mesquita. En 1934 transformouse en museo de arte bizantina. Trátase dunha construción de plano central en forma de rectángulo, precedido dun nártex interior e doutro exterior. O interior divídese en catro grandes piares enlazados entre si e co resto do edificio por un conxunto de arcadas e bóvedas. O corpo central cóbrese cunha cúpula de grandes dimensións (65 m de altura e 31 m de diámetro) levantada sobre catro pendentes. O máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sabedoría popular.

    2. Ciencia que estudia o folclore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Comezou a súa formación artística en Vigo da man de Alberto Castro Couso e Ana Pasarín. Cultivou o óleo e o gravado. As súas obras caracterízanse polo sentido cromático que recorda os muralistas mexicanos e pola factura naif. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas e en Madrid e Bos Aires. Participou, entre outras mostras colectivas, en Pontevedra con Centroamérica (1999). A súa obra está presente no Museo de Bellas Artes, Municipalidad de Posada e Museo Nacional de Grabado de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia universal que reflexiona sobre o pensar. De acordo coa etimoloxía grega, é unha procura da verdade por si mesma a través dunha actitude exclusivamente racional. Trátase dun pensamento racional e crítico, máis ou menos sistemático, sobre a natureza do mundo, a xustificación da crenza e a condución da vida, que dá lugar a un conxunto organizado de verdades que se refiren á esencia das cousas. Ao ser unha actividade crítica dun xeito radical e absoluto, non acepta ningunha suposta verdade sen unha primeira análise racional. Os sistemas filosóficos xeran cosmovisións como interpretacións globais e racionais da realidade e da vida, dotándoas de sentido. Desde os seus inicios dividiuse en varias disciplinas que centraban o seu estudo nun ámbito diferente da realidade e do saber. Na Antigüidade, mentres que Platón distinguiu entre materia e ideas, Aristóteles preferiu falar da ética, da estética ou poética, da psicoloxía, da política, da física, da metafísica e da lóxica. No s XVIII a...

      2. filosofía da arte

        estética.

      3. filosofía da ciencia

        Disciplina filosófica que trata, por un lado, de establecer a xustificación e obxectividade do coñecemento científico, denominado tamén epistemoloxía da ciencia; e, por outro, a metafísica da ciencia que intenta resolver os aspectos filosoficamente enigmáticos da realidade que non están cubertos pola ciencia.

      4. filosofía da historia

        Disciplina filosófica que trata de establecer, entre outras, a natureza da comprensión histórica, a significación ou propósito do proceso histórico, os factores fundamentais no seu desenvolvemento e cambio, a posibilidade de obxectividade no proceso histórico e o tipo de verdade que se adscribe ás interpretacións históricas.

      5. filosofía da linguaxe

        Disciplina filosófica que trata de aclarar, entre outras, as relacións entre o pensamento e a fala, entre a función representativa e expresiva da linguaxe, o papel do individuo e a comunidade nacional na construción da linguaxe, as orixes da linguaxe no tempo e no individuo e a estrutura das linguas particulares.

      6. filosofía da moral

        ética.

      7. filosofía da relixión

        Disciplina filosófica que trata de analizar os conceptos ou principios centrais das relixións monoteístas occidentais. O termo foi cuñado no s XVIII para substituír ao de filosofía natural.

      8. filosofía do dereito

        Disciplina filosófica que trata de establecer unha teoría da xustiza e dos valores xurídicos e unha teoría xeral do dereito e da ciencia xurídica, vinculada a unha certa concepción do proxecto do home en sociedade. A súa investigación céntrase na ontoloxía xurídica, no sentido da comprensión totalizadora do fenómeno xurídico, e na axioloxía xurídica, coa teoría da xustiza e dos valores xurídicos.

    1. Conxunto de sistemas, doutrinas, escolas e teorías do pensamento que se desenvolveron ao longo da historia. Existen dous grandes ámbitos filosóficos, o occidental, enraizado na filosofía grega, e o oriental, con dous focos, a filosofía india e a chinesa. Nas orixes de ambos está a vinculación da actitude filosófica con posicións míticas e relixiosas. Na historia da filosofía occidental pódense distinguir catro grandes etapas: a filosofía antiga ou clásica, a filosofía medieval, a filosofía moderna e a filosofía contemporánea. A filosofía clásica naceu en Grecia ao redor do s VI a C e desenvolveuse, aproximadamente, ata o s III d C. Os primeiros filósofos, denominados presocráticos e entre os que destacan Tales de Mileto, Anaximandro, Anaxímenes, Heráclito, Parménides, Pitágoras, Empédocles, Anaxágoras e Demócrito, buscaron as respostas racionais, fronte á mitoloxía imperante, as preguntas sobre a orixe, a causa e a esencia da natureza. Desde mediados do s V a C, o estudo da filosofía centrouse...

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Piñeiro publicada en 1984 e na que trata desde un punto de vista metafísico o concepto de saudade. O libro iníciase analizando o significado da filosofía para, a continuación, comezar a examinar a saudade e, finalmente, desenvolver o estudo da saudade en Rosalía de Castro como expresión da soidade ontolóxica. Considerou a saudade unha vivencia espontánea e intrínseca da pura intimidade do ser humano que constitúe unha característica propia do mundo galaico-portugués, posto que na súa configuración espiritual común predomina a dimensión sentimental. Distinguiu varias formas de saudade, a nostalxia, a arela, a morriña, a sehnsucht xermánica (actividade de procura dun obxecto descoñecido do que se sente a necesidade de coñecer) e a angustia, concepto tomado de M. Heidegger. Para o autor a saudade fai de Galicia un pobo diferenciado e, ao mesmo tempo, universal, que ten na lingua galega a súa alma viva e que, de acordo cos ideais da Xeración Nós, debe conseguir recuperar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [MNCARS] Museo e centro de exposicións situado no antigo hospital de San Carlos de Madrid. É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Naceu co propósito de converterse nun gran museo de arte do s XX. Conta cunha colección estable formada polas obras que recibiu do Museo Español de Arte Contemporáneo, representativas da arte española da primeira metade do s XX. A elas sumouse o Guernica, os estudos de Picasso e os legados de Dalí e Miró. Ademais da colección permanente, organiza exposicións temporais e outras actividades. Como espazos complementarios, conta co Palacio de Cristal e o Palacio de Velázquez, no Parque del Retiro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia universal na que se incluía toda clase de coñecementos reducidos aos seus principios fundamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e xornalista. Coñecida como Sofía Casanova, frecuentou os círculos literarios do marqués de Valmar e de Ramón de Campoamor en Madrid. Casada co filósofo e nobre polaco Vicente Lutowslaski, marchou a Polonia, onde colaborou en diversas publicacións periódicas. Da súa variada obra destacan o libro de poemas Poesías (1889), a serie de artigos literarios Exóticas (1913), o conto Princesa del amor hermoso (1909), con ilustracións de Castelao, a novela Idilio epistolar (1931), a narración de viaxes Sobre el Volga helado (1903) e os libros históricos De la guerra: crónicas de Polonia y Rusia (1916) e El martirio de Polonia (1945). Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1906) e recibiu o título de académica de honra (1952). Foi galardoada coa Gran Cruz de Beneficiencia, concedida por Afonso XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Bulgaria (19.021 km2; 930.958 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Bulgaria (1.096.389 h [2001]). Ten o status de provincia independente e fai as funcións de capital da provincia homónima. Está situada ao pé do macizo de Vitosa, no alto val do Isk ǎ r, e ocupa unha situación estratéxica no cruzamento das vías que unen Europa Central, Europa Oriental e Europa Mediterránea. O seu crecemento   arrincou da súa capitalidade en 1878, que foi preferida á histórica metrópole de Veliko Târnovo, a pesar da súa posición excéntrica respecto do país. Acadou unha importante actividade industrial a partir da época socialista. Ten industrias metalúrxicas, químicas, téxtiles e do tabaco. Ten aeroporto internacional, centro de ensino superior, a Sofiiski Universitet Kliment Ohridsky (1909), e diversas escolas superiores. Correspóndese coa antiga Sárdica ou Sérdica e recibiu o nome de Sofia en 1376. Foi apresada polos turcos en 1386, que permaneceron alí ata 1878. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Xurxo e de Santa Sofía, convertida en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do grego Sofia ‘sabedoría’. Nos primeiros séculos do cristianismo houbo moito culto á santa Sabedoría, en grego Aguia Sophía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Prusia e electora de Brandeburgo, filla de Ernesto Augusto I de Hannover e de Sofía do Palatinado. Casou en 1684 co futuro Federico I de Prusia (Federico III de Brandeburgo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España, filla do Rei Paulo I de Grecia e de Federica de Hannover. Con motivo da invasión do seu país polos alemáns (1941) exiliouse coa súa familia en Creta, en Exipto e en África do Sur ata 1946. Realizou estudos de música e arqueoloxía. En 1960 participou como suplente no equipo de vela grego nos Xogos Olímpicos de Roma. En 1962 casou en Atenas co futuro Rei Xoán Carlos I de España, con quen tivo tres fillos. Presidenta executiva da Fundación Reina Sofía e presidenta de honra da Fundación de Ayuda contra la Drogadición e do Real Patronato de Discapacidad, ademais doutras institucións, participa, entre outros, en proxectos internacionais sobre o desenvolvemento da muller rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rexente de Rusia (1682-1689), filla do Tsar Aleixo I de Rusia. Proclamada rexente coa axuda dos strel’cy, gobernou co seu conselleiro, o príncipe Vasilij Golicyn. Promoveu o desenvolvemento industrial e asinou unha paz con Polonia (1686). O resultado adverso das campañas contra os tátaros de Crimea (1687-1689) provocou o descontento xeneralizado, que foi aproveitado polo seu medio irmán Pedro I para derrocala e pechala nun convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir romana. Foi nai das tres virtudes: Fe, Esperanza e Caridade, coas que fixo moitas conversións. Viste de dama patricia romana, co manto cubríndolle a cabeza para indicar que era unha muller casada. Acostuma representarse dando sepultura as súas fillas ou rezando ante ela. A súa festividade celébrase o 18 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO