"nilo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 50.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento compositivo empregado como sufixo para designar os radicais libres formados a partir das aminas por eliminación dun átomo de hidróxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación xenérica dos grupos que resultan da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo etilénico. A súa nomenclatura sistemática segue as regras das dos grupos alquilo, pero no nome do alqueno correspondente o sufixo -eno é substituído polo sufixo -enilo, e a posición do dobre enlace vén indicada mediante un número.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo que resulta da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo acetilénico. A súa nomenclatura sistemática segue as regras dos grupos alquilo, pero o sufixo -ino do alquino substitúese polo sufixo -inilo e a posición do tripla enlace indícase mediante un número.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ás iminas substituídas no nitróxeno por un grupo fenilo, de fórmula xeral C6 H5 N = CRR’. Obtéñense pola reacción da anilina cun aldehido ou cunha cetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación, non aprobada pola IUPAC, do grupo SbO+, formalmente presente nos sales básicos do antimonio trivalente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isómero do benceno, con forma de dous aneis triangulares xuntados por un enlace que une os dous vértices e con dous dobres enlaces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
difenilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical de fórmula C10H17, que deriva do borneol por perda dun hidroxilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical univalente de fórmula C4H7 -.
-
VER O DETALLE DO TERMO
corvo mariño.
-
-
Radical bivalente positivo >C=O, que pode considerarse como derivado do ácido carbónico por perda de dous grupos OH. O cloruro de carbonilo, COCl 2 , é o fosxeno, e a amida, CO(NH 2 ) 2 , é a urea. En todos os compostos de carbonilo, COX 2 , a distancia C-O é máis longa ca a do dobre enlace C=O, e a distancia C-X, máis curta ca a correspondente a un enlace simple; polo tanto, cómpre considerar estes compostos como híbridos de resonancia.
-
Nome que recibe o monóxido de carbono, segundo a nomenclatura sistemática, cando forma parte dun complexo como ligando.
-
Grupo de fórmula >C=O, característico dos aldehidos e das cetonas. O dobre enlace carbono-osíxeno do carbonilo ten carácter polar. Isto fai que o grupo carbonilo sexa moi reactivo, susceptible de ataque nucleófilo sobre o átomo de carbono (deficitario de electróns) ou susceptible de ataque electrófilo sobre o átomo de osíxeno, que leva á subseguinte adición dun nucleófilo sobre o carbono.
-
Complexo metálico que contén monóxido de carbono como ligando. A maior parte dos metais de transición forman carbonilos metálicos; nestes, os metais presentan un estado de oxidación moi baixo, a miúdo igual a cero e incluso negativo, estado que lle conferiría ao átomo do metal unha densidade electrónica excesiva, a non ser que o ligando CO aceptase unha parte nos orbitais baleiros que posúe. O enlace resultante adquire, deste xeito, un carácter de dobre enlace. Hai carbonilos polinucleares que conteñen dous ou máis átomos de metal, nos que o ligando CO pode facer de ponte entre eles, ao unirse sempre polo átomo de carbono, pero nos que, ademais, teñen lugar interaccións entre os distintos átomos metálicos, que poden chegar a constituír realmente enlaces directos metal-metal. Os carbonilos metálicos son compostos de interese estrutural; moitos deles teñen importancia no eido industrial, principalmente na preparación técnica de metais en estado de gran pureza e na catalización de reaccións...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical derivado do ciclopentadieno por perda dun átomo de hidróxeno do grupo -CH2 -, de carácter aniónico e de grande estabilidade. Participa como ligando en complexos metálicos de tipo sándwich, como o ferroceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical de fórmula CH3-CH=CH-C-C-.
-
PERSOEIRO
Vladica (príncipe-bispo) de Montenegro (1700-1735). Iniciou un goberno teocrático e perseguiu os conversos ao islamismo. En 1711 aliouse con Rusia contra os turcos. Fundou a dinastía Petrovič-Njegoš.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gospodar (príncipe laico) de Montenegro (1852-1860). Membro da dinastía Petrovič-Njegoš, sucedeu o seu tío Pedro II. Sostido polos rusos, secularizou o poder e atacou os turcos. En 1856, no Congreso de París, loitou pola abolición da soberanía otomana e a independencia de Montenegro. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e arquitecto. Traballou na decoración dos palacios de Oranienbaum, Petergof e Pavlovsk.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se presenta en forma de láminas lustrosas, soluble en alcohol e insoluble en auga, que se funde entre os 69-71°C. Úsase como axente de transferencia de calor e coma funxicida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que contén o ión O2+.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo de catro átomos de carbono de cadea aberta que presenta dous dobres enlaces nas posicións 1 e 3, feito que lle confire unha gran reactividade, e é a base de moitos procesos industriais.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e sociólogo italiano. En 1952 estableceuse en Sicilia, onde fundou o Borgo di Dio para orfos, en Trappeto. Entre as súas obras destaca Banditi a Partinico (Bandidos en Partinico, 1955); Inchiesta a Palermo (Enquisa a Palermo, 1957), Premio Viareggio en 1958; Una politica per la piena ocupazione (Unha política para a completa ocupación, 1958); Spreco: documenti e inchieste su alcuni aspetti dello spreco nella Sicilia occidentale (Malgasto: documentos e enquisas sobre o malgasto na Sicilia occidental, 1960); Verso un mondo nuovo (Cara a un mundo novo, 1964); La comunicazione di massa non esiste (A comunicación de masas non existe, 1987) e La struttura maieutica e l’evolverci (A estrutura maiéutica e a súa evolución, 1996). En 1958 recibiu o Premio Lenin da Paz polas súas actividades sociais e pacifistas de base católica pero afastadas de todo proselitismo relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO