Dolci, Danilo
Arquitecto e sociólogo italiano. En 1952 estableceuse en Sicilia, onde fundou o Borgo di Dio para orfos, en Trappeto. Entre as súas obras destaca Banditi a Partinico (Bandidos en Partinico, 1955); Inchiesta a Palermo (Enquisa a Palermo, 1957), Premio Viareggio en 1958; Una politica per la piena ocupazione (Unha política para a completa ocupación, 1958); Spreco: documenti e inchieste su alcuni aspetti dello spreco nella Sicilia occidentale (Malgasto: documentos e enquisas sobre o malgasto na Sicilia occidental, 1960); Verso un mondo nuovo (Cara a un mundo novo, 1964); La comunicazione di massa non esiste (A comunicación de masas non existe, 1987) e La struttura maieutica e l’evolverci (A estrutura maiéutica e a súa evolución, 1996). En 1958 recibiu o Premio Lenin da Paz polas súas actividades sociais e pacifistas de base católica pero afastadas de todo proselitismo relixioso.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sesana, Eslovenia -
Deceso
Lugar : Partinico, Sicilia