"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Converter en couto calquera lugar ou terreo.
-
Poñerse ao abeiro nun lugar seguro.
-
Reducir graficamente segmentos dun escrito.
-
Poñer as cotas nun esbozo, nun mapa topográfico, nun plano ou semellante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que representa o conxunto dos estados de África, o Caribe e o Pacífico, que, en número de sesenta e nove, están asociados á Comunidade Europea pola sinatura dos convenios de Lomé (1975, 1979, 1984). A maioría son antigas colonias dos estados membros da Unión Europea e a súa estructura económica está subdesenvolvida.
-
-
-
Doutrina que nega a necesidade da existencia dun poder e dunha autoridade políticas, e que as combate de xeito pacífico (por espallamento de experiencias alternativamente realizadas en determinadas comunas) para suprimilas.
-
Situación social na que non existe un poder ou este está marxinado e con escasa ou nula autoridade.
-
-
anarquía.
-
Impotencia, febleza ante unha situación na que nada se pode facer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formato informático creado pola compañía estadounidense Adobe. Emprégase acotío na Internet, onde se identifica coa extensión PDF. Co programa Acrobat Pro xéranse documentos que calquera persoa poderá ver coas mesmas características orixinais en canto a estilo, tipo de letra, marxes, disposición de gráficos e imaxes, etc, utilizando a aplicación gratuíta Acrobat Reader.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento asinado en febreiro de 1986 polos estados membros da CEE que modificou e complementou os tratados fundacionais das Comunidades Europeas. Aprobado polo Consello Europeo en decembro do 1986, entrou en vigor o 1 de xullo de 1987 despois do trámite de ratificación nos parlamentos dos estados membros. Con este documento confirmouse a data do 1 de xaneiro de 1993 para establecer un alicerce xurídico dirixido á consolidación dun gran mercado interior e único nos países integrantes, que garantira a libre circulación de persoas, bens e servicios, paso previo á unificación política dos estados da Unión Europea. O tratado ampliaba tamén os poderes dos órganos de goberno, con el a Comisión podía adoptar decisións por maioría cualificada e non tan só, como ata entón, por unanimidade; ademais, o Parlamento podía enmendar a lexislación. Acordouse, así mesmo, impulsar as políticas de investigación e de medio ambiente e harmonizar a política exterior dos estados membros.
-
-
Calidade de activo.
-
Conxunto de tarefas e angueiras propias dunha persoa ou entidade e tamén cada unha delas.
-
Facultade de obrar, funcionar, traballar ou exercer unha acción calquera.
-
Dilixencia ou eficacia no obrar.
-
-
Conxunto dos actos motores dun organismo. O nivel de actividade depende dun contínuum de factores como son o ritmo vixilia-sono, a privación de alimento ou bebida, o estado sexual, a espera de estímulos favorables ou nocivos, a frustración e outros.
-
actividade de substitución
Comportamento inapropiado que se produce cando unha sobreexcitación non pode ser liberada por unha vía habitual.
-
-
En pedagoxía, un dos fundamentos da nova educación, denominada escola activa. Fronte ao verbalismo e ao ensino intuitivo, fundamentados na receptividade do neno, a actividade precísase para a adquisición de hábitos, de actitudes e de coñecementos. A través da participación activa (experimentación, manipulación, observación, reflexión e análise lóxica) o neno pode chegar a interiorizar adecuadamente a realidade e desenvolver un sistema de operacións (separar, comparar, valorar, clasificar, sintetizar, etc) que permiten establecer todo tipo de relacións e obter nocións dinámicas. Pretende orientar os nenos cara á cooperación e ao contraste de posibilidades e opinións, e tamén fomentar o sentido de comunidade e compromiso persoal.
-
Conxunto de fenómenos psíquicos que tenden á acción.
-
Relación entre a fugacidade dunha substancia nun determinado estado e a súa fugacidade nun estado de referencia arbitraria. A actividade (a) é unha cantidade adimensional igual á unidade no estado de referencia. Para servirse das actividades cómpre escoller e precisar ben, en cada caso, o estado de referencia. Para os gases, tómase o estado no que a fugacidade é igual á unidade. Así para os gases perfectos, a actividade é igual á presión. No caso das solucións, os estados de referencia máis convenientes son, para o solvente o solvente puro, para o soluto un estado tal que en disolución infinita a súa actividade se confunda coa concentración. Para as solucións ideais a actividade do solvente e do soluto son sempre iguais ás súas concentracións. Para as solucións reais as leis de Raoult e de Henry chegan a ser exactas cando as concentracións son substituídas polas actividades. Se se ten en conta, por outra banda, que a lei de acción de masa se cumpre rigorosamente nos sistemas reais...
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas de rexistro e medida que permiten coñecer cronoloxicamente a actividade dun animal. Co conxunto de datos actográficos realízase o actograma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á actografía.
-
-
Que ou quen realiza unha cousa.
-
A actriz ou o actor é un dos dous elementos necesarios para que o acto teatral se poida producir pois, como subliñaba Jerzy Grotowski, o teatro pode existir sen decorados, vestiario, luces, maquillaxe, obxectos ou espazo escénico, mais sempre precisará do actor que interprete a acción e do espectador que converta a interpretación en comunicación. O home que actúa no espazo baleiro e o home que o mira serían os dous elementos pertinentes do feito teatral, trazos diferenciais a partir dos que Peter Brook constrúe unha das máis interesantes visións que se ofreceron do teatro no s XX, The empty space (O espazo baleiro, 1968). Sendo unha das profesións máis vellas na historia da humanidade, ten sido unha das máis desprestixiadas e, coa conversión de Roma ao cristianismo, actores e actrices conformaron un dos colectivos máis perseguidos e atacados pola Igrexa, ata o punto de que durante séculos foilles negado o dereito a seren enterrados en sagrado. Sometidos durante séculos aos ditados...
-
Persoa que interpreta, representa ou encarna un dos personaxes dunha obra escénica, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. No cinema os actores mimetízanse e empregan as técnicas teatrais na súa primeira época. O afianzamento da específica linguaxe cinematográfica a través de David W. Griffith comeza a diferencialos. En 1928, Carl Dreyer apoiou a expresividade da obra A Paixón de Xoana de Arco na presencia e na exploración da faciana da actriz máis ca na súa mímica. Este achado foi formulado teoricamente por Lev Kulessov cun experimento -coñecido daquela como efecto Kulesov- consistente en facer ver como o público, diante do mesmo plano dun actor montado en diferentes planos de significación emocional moi diversa, apreciaba diferentes interpretacións en cada un dos casos. Así, no cine, o actor pasaba de ser un elemento máis, integrado na figuración do plano. Isto permitiu a incorporación de non profesionais, como sistematicamente postula o neorrealismo, do actor antiinterpretado...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arsenio de zinc hidratado, Zn2AsO4(OH). Cristaliza no sistema rómbico, a miúdo en forma de pequenos cristais reunidos en drusa, de exfoliación perfecta, incoloros ou de cores diversas. Ten unha dureza de 3,5 e peso específico 4,3-4,5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de periodicidade irregular subtitulada “Revista da Escola Universitaria de Maxisterio de Santiago” e “Revista de Estudos e Experiencias Educativas”, tirada do prelo en xuño de 1984 en Santiago. Trata temas pedagóxicos, incluíndo debuxos, linguaxe gráfica e temas científicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, constituída no ano 1974. Defínese como un grupo conservacionista independente, sen ánimo de lucro e pioneiro do movemento ecoloxista galego. Entre os seus obxectivos figuran provomer e fomentar o estudo e defensa do equilibrio ecolóxico de Galicia, tanto da súa fauna e flora como do ambiente natural. No eido ecolóxico, preocúpase por asegurar unhas condicións idóneas obxectivas e ambientalmente axeitadas para o desenvolvemento integral da poboación e do medio. Declárase pacifista, defensora dos dereitos humanos e da diversidade de culturas, e pon especial énfase na promoción da cultura e da lingua galegas. Territorialmente organízase en delegacións locais con autonomía de actuación distribuídas en Santiago, A Coruña, A Estrada, Ferrol, Lugo, Pontedeume, Marín, Ourense, Carballiño e Vigo. No territorio nacional, conta con grupos de traballo centrados nos ámbitos prioritarios de actuación: forestal, transporte, enerxía, residuos, educación ambiental,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arseniato de calcio e magnesio hidratado, CaMgAsO4 (OH). Cristaliza no sistema rómbico; encóntrase case sempre informe e diseminada; ten fractura conoidal e cor gris. Ten dureza 5 e peso específico 3,7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que cataliza a formación de AMP cíclico a partir do ATP, que é o seu substrato específico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No budismo mahāyāna, buda concebido como sabedoría primordial, causa primeira e eterna; semellante á Alma universal. O seu culto espallouse polo Tibet e o Nepal, así como por China, onde se identificou con Vairocāna. Significa en sánscrito ‘primeiro buda’.
-
-
Relativo ou pertencente a Adonis.
-
-
erso clásico que consta dun dáctilo e dun troqueo, xeralmente empregado en combinacións estróficas precedidas de tres sáficos. O nome de adónico procede do pranto dedicado á morte de Adonis que tiña este mesmo esquema acentual (´ - - - ´ -).
-
erso da poesía española de cinco sílabas, a primeira e a cuarta acentuadas.
-
-
-
-
Zona de terreo provista de edificios e doutras instalacións empregada para o despegue e a aterraxe de aeronaves. Aplicada nun primeiro intre a calquera campo de aviación, trala xeneralización das liñas aéreas emprégase para designar ben aqueles campos que non teñen un tráfico regular, ben as instalacións do aeroporto empregadas para o servizo das aeronaves.
-
Aeródromo especificado no plano de voo, cara ao que pode proseguir o voo cando non é oportuno aterrar no aeródromo regular previsto inicialmente.
-
Plataforma flotante constituída por flotadores articulados e cunha alfombra que permite a aterraxe de avións.
-
Aeródromo empregado como escala regular dunha ruta aérea.
-
Aeródromo designado pola autoridade competente para ser empregado, por exemplo, cando unha aeronave non pode chegar a un aeródromo regular nin a outro alternativo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á aerografía.
-
-
Aparello que, pola acción do aire comprimido, pulveriza e proxecta líquidos como tinturas, materiais de recubrimento ou sólidos coloreados en po. Emprégase para retoque de fotografías, en decoración, en pintura -onde se chama pistola de pintar-, en plastificación e noutras actividades.
-
Ferramenta dispoñible nalgúns programas informáticos de pintura ou tratamento fotográfico que simula o efecto dun aerógrafo. Os bordos que crea son suaves e as cores son translúcidas. Pódese controlar a suavidade dos bordos, o tamaño de modelo de pulverización e o grao de opacidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da aerodinámica que estudia os fenómenos caloríficos provocados polos fluxos termodinámicos, principalmente do aire, a velocidades supersónicas.