"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Superficie de terra que comprende unha xurisdición.

      2. Espazo xeográfico, en sentido amplo, atribuído a un ser individual ou a unha entidade colectiva. É dicir, é unha porción de espazo ocupado por unha persoa, grupo ou estado. Cando se asocia co estado adquire dúas connotacións específicas, unha que ten que ver coa soberanía territorial, cando un estado reclama o seu control lexítimo exclusivo sobre un área determinada, con límites definidos; e outra que se refire á área que non está totalmente integrada na vida política dun estado, como un territorio colonial. En relación aos feitos humanos, o termo acada, referido a un individuo ou grupo, o sentido de ámbito de expansión ou posible localización, ou de espazo marcado para ser empregado de forma exclusiva como hábitat, ámbito de vida cotiá ou caza, entre outras posibles funcións relacionadas coa noción de dominio. A acción deste grupo xera inmediatamente a delimitación, como acontece nos estados onde as fronteiras son as que determinan a súa área territorial. O territorio é xerado a partir...

      3. Porción da superficie terrestre suxeita a apropiación por parte de individuos para levar a cabo calquera actividade, especialmente de produción e reprodución ou consumo, que se consideran como demarcación do exercicio dunha serie de competencias (políticas ou administrativas).

      4. ordenación do territorio /

        Política que se ocupa da presenza, distribución e disposición no espazo daqueles feitos aos que se confire a capacidade de condicionar ou influír no desenvolvemento e benestar dos seus habitantes. A Carta Europea de Ordenación do Territorio, subscrita en 1984, defínea como a expresión espacial da política económica, social e cultural de toda sociedade. Aborda tanto os problemas relativos ás rexións como os que afectan a todo o territorio dun estado, e son aplicadas polas diversas administracións. No caso galego, nun territorio dado poden interactuar políticas de ordenación da UE, da administración central, da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial e do concello, ademais de plans coordinados entre varias ou todas estas administracións e outros organismos competentes. A ordenación do territorio comparte elementos comúns con outras prácticas como o urbanismo e a planificación ambiental. É á vez unha disciplina científica, unha técnica administrativa e unha política concibida como un enfoque...

      1. Extensión de terra que forma unha circunscrición política.

      2. Entidade político-administrativa, nalgúns estados federais de Arxentina, Brasil, Canadá, India ou Venezuela, inferior ás provincias, ás rexións ou aos estados autónomos, que non goza de autonomía interior.

    1. Área que un organismo defende fronte a outros membros da sua propia especie ou de especies diferentes. As dimensións do territorio son características de cada especie e dependen da cantidade e da natureza da alimentacion e da produtividade do territorio. A súa estrutura é variable, e os seus límites establécense primeiramente por un combate, e posteriormente mantéñense mediante actitudes ameazadoras ou sinais, que poden ser olfactivos, ópticos ou acústicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medo extremo moi intenso.

      1. Persoa ou cousa que causa terror.

      2. Actuación extremadamente violenta dun réxime político, con frecuentes execucións de pena capital.

    2. Modalidade relacionada co cine fantástico coa que se infunde unha sensación de medo e horror aos espectadores. Tivo unha grande aceptación a partir de 1957 e revitalizouse na década de 1980, co perfeccionamento de novas maquillaxes e efectos especiais. Inclúe unha ampla temática, como o vampirismo, desde o clásico Nosferatu (1922), de F. W. Murnau, ata Dracula (1931) de T. Browning, coas versións de (1958) de T. Fischer, e (1992) de F. F. Coppola. Cómpre destacar tamén os filmes de pantasmas, homes-lobo, bruxas, exorcismos e canibalismos, como Lycanthropus (1962), de P. Heuschs; The Exorcist (1973), de W. Friedkin; e The Night of the Living Dead (1968), de G. A. Romero. Algúns temas pertencen á modalidade da ciencia--fición, como o mito de Frankenstein, os monstros, como King-Kong (1933), de M. C. Cooper e G. B. Schoedsack; Jaws (1975), de S. Spielberg; as catástrofes naturais e atómicas, como The Towering Inferno (1974),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que infunde terror.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Probar unha cousa valéndose de testemuños ou documentos auténticos.

    2. Ser proba do que se expresa.

    3. Dar testemuño de algo.

    4. Declarar nun xuízo como testemuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motivo iconográfico que representa o conxunto de catro animais ou viventes que tradicionalmente simbolizan os catro evanxelistas: home (san Mateo), boi (san Lucas), león (san Marcos) e aguia (san Xoán). De orixe oriental, tivo unha gran difusión na arte bizantina e na románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia xudía de científicos e tradutores. Encabezada por Y ĕ huda ibn Saul ibn Tibb ō n de Granada e instalada en Provenza, os seus mestres levaron a cabo un importante labor de tradución ao hebreo de obras escritas en árabe. Destacaron tamén Šĕ muel ibn Y ĕ huda ibn Tibb ō n , fillo do anterior, e o seu fillo Mo š é ibn Šĕ muel ibn Tibb ō n (Marsella 1240-1283). Outros membros da familia, e tamén tradutores, foron Ya’aqob ben Mahir ibn Tibbōn e Abba Mari al-Anatoli (1194 -1285), xenro de Šĕmuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Tíbet, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante do Tíbet.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo tibetano.

      2. Individuo do pobo tibetano.

      3. Pobo de etnia mongola, con notables diferenzas étnicas segundo as rexións, que habita na rexión autonóma do Tíbet e en boa parte das provincias chinesas de Sikang, Quinghai e Sinkiang, no Ladākh e no Sikkim (India), en Nepal setentrional e en Bhutan.

    1. Lingua do phylum sino-tibetano que falan os tibetanos. Presenta numerosas variacións dialectais. De estrutura monosilábica, son característicos os diversos niveis de tonalidade e a variedade de formas honoríficas segundo a posición do interlocutor. A escritura e a gramática foron elaboradas no s VII por T’on-mi Sam-bho-ṭa a partir da escritura india. Usan a escritura alfabética horizontal, de esquerda a dereita, e de puntuación intersilábica, e consta de 30 consoantes e 4 vogais.

    2. Literatura cultivada en lingua tibetana. Eminentemente relixiosa, segue dous modelos ben definidos: o da India, para as obras de carácter ético e filosófico, e o de China, para as obras históricas. As primeiras obras de relevo (dos ss VII e VIII) son traducións do canon búdico, compiladas posteriormente (no s XIII) co nome de bKa’-’gwur, cuxos comentarios filosóficos formaron o bsTan-’gyur.

    3. Arte musical cultivada no Tíbet. Tivo influencia chinesa, india, árabe e indonesia, e os instrumentos máis característicos son unhas trompas xigantes e outras constituídas con ósos humanos. A percusión consiste especialmente en timbais e címbalos. Os cantos búdicos son homófonos, coa participación de campás, e ademais de culto do templo, destacan as danzas de máscaras, C’am; os cantos de traballo, t’on-skad, e as cancións con danza, glu-gar.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe cartilaxinoso, da orde dos pleurotremados, que presenta o corpo fusiforme, a cola heterocerca, a boca situada ventralmente e fortes dentes e fendas branquiais laterais.

    2. Peixe cartilaxinoso, de ata 2 m de lonxitude, que presenta o corpo moi alongado, delgado e cilíndrico de cor escura e comprimido na parte posterior, cabeza aplanada e boca de gran tamaño, carece de aleta anal e ten 6 fendas branquiais con septos de separación entre elas. Aliméntase exclusivamente de peixes. Vive en augas tropicais e temperadas entre os 100 e 1.300 m de profundidade.

    3. 2 quenlla.

    4. Selacio pleurotremado da orde dos lamniformes duns 12 m de lonxitude. Presenta corpo robusto e fusiforme terminado nunha cabeza cónica, dentes moi grosos triangulares e en forma de serra. Posúe dúas aletas dorsais, a primeira moi grande e a segunda pequena. A coloración é gris apardazada no dorso e zona ventral abrancazada. É moi perigoso pola súa ferocidade e o seu tamaño. Habita en mares cálidos e temperados. Aliméntase de grandes peixes, atúns, tartarugas, focas e delfíns. Ten un sistema sensorial, no fociño, que consiste en pequenos poros que detectan correntes eléctricas de ata cinco milésimas de microvolt e que lle serven para localizar as presas e para navegar.

    5. Peixe cartilaxinoso de ata 2 m de lonxitude. Presenta un corpo robusto e cilíndrico, cabeza moderadamente deprimida, quinta fenda branquial abruptamente expandida, espiráculos moi pequenos por detrás dos ollos, boca ampla e arqueada, con pregaduras labiais moi curtas e dentes semellantes en ambas as dúas mandíbulas, moi comprimidos. Amosa dúas pequenas dorsais sen espiñas, máis pequenas ca as pélvicas, sen aleta anal. Ten unha liña lateral ben marcada e grandes dentículos dérmicos sobre o corpo e nas aletas, escasos e espazados, algúns fusionados en láminas con múltiples cúspides. A coloración é parda agrisada no dorso e costados, ás veces con manchas negras, e a rexión ventral máis clara. É unha especie que nada lentamente e habita sobre o fondo mariño, en augas profundas da plataforma continental e declives insulares, nun rango de profundidade de 18 a 900 m. Aliméntase de quenllas, peixes pequenos e cangrexos. Só é relativamente común no Atlántico oriental, especialmente desde o mar do...

    6. Peixe cartilaxinoso que pode chegar a medir 2,5 m de lonxitude. Presenta un corpo plano e fusiforme, cabeza moi angosta e aguzada, con sete pares de fendidas branquiais, ollos moi grandes, boca estreita e parabólica, dentes inferiores grandes, de cúspide triangular e algo inclinada, con bordos serrados, en forma de angazo. Amosa unha coloración gris no dorso e no costado, mentres que a zona ventral é clara, aleta dorsal e lóbulo superior da caudal con puntos negros, sen manchas escuras no corpo, ten un gran reberete negro preto do bordo posterior da aleta caudal. Habita no Indopacífico, tanto na costa como no océano, e é común en zonas coralinas. É unha especie de hábitos bentónicos da plataforma continental e insular e parte superior do noiro contiental. É agresivo e aliméntase de peixes óseos, principalmente pescadas e cefalópodos.

    7. Peixe mariño, escualiforme, que pode chegar a medir 1,80 m de lonxitude. Presenta corpo delgado e fusiforme, cabeza e tronco relativamente angostos, de aspecto delgado, sen sucos nasais, lóbulos anteriores nasais non expandidos, cos seus extremos próximos á boca e sucos labiais soamente na mandíbula inferior. Amosa a primeira dorsal máis grande ca a segunda, a orixe da primeira dorsal lixeiramente por detrás da inserción das pélvicas, a orixe da segunda dorsal lixeiramente por diante da inserción da anal e o espazo interdorsal algo maior ca a base da anal. A superficie da pel é lisa, con dentículos dérmicos pequenos e aplanados. Especie mesopeláxica demersal, habita en zonas de fango entre os 90 e 1.800 m. Aliméntase de peixes, outros tiburóns, cefalópodos e crustáceos.

    8. Especie dos xéneros Isurus e Lamna que pertence á familia dos lámnidos. Sobre todo para designar a especie I. oxyrinchus, marraxo azul, I. paucus, marraxo negro, e L. nasus, marraxo. Son tiburóns de gran tamaño, que alcanzan talles preto dos 5 m de lonxitude, aínda que o normal é que non sobrepasen os 3,80 m. Caracterízanse por ter un fociño cónico, case aguzado, e unha gran similitude a espécimes de tiburón branco cría. Como todos os lámnidos, manteñen unha temperatura corporal lixeiramente superior á do medio, o que lles permite realizar unha dixestión máis rápida.

    9. Especie do xénero Sphyrna que pertence á familia dos esfírnidos. Entre elas, S. couardi, peixe martelo de aletas brancas, S. lewini, cornuda común e S. zygaena ou peixe martelo ou cornuda cruz. Sobre todo, utilízase para designar a especie S. mokarran, tiburón martelo ou cornuda xigante. Son tiburóns de fociño ancho, aplanado e en forma de martelo ou mazo, característica que fai que se distingan do resto de tiburóns. Presentan os ollos e orificios nasais nos extremos da cabeza, que mediante constantes oscilacións, de lado a lado, obteñen unha vista panorámica do seu contorno. Amosan uns ollos cunha membrana nictitante altamente desenvolvida e unha válvula espiral de forma cilíndrica. A coloración no dorso varía desde verde oliva escuro ata gris acastañado, mentres que a zona ventral é abrancazada. Aliméntanse de peixes de estrutura ósea, raias e outros tiburóns. Habitan as mornas augas costeiras de todo o mundo, emigran a augas máis frías no...

    10. Peixe cartilaxinoso que pode acadar ata os 9 m de lonxitude, aínda que o normal é que mida entre 4 e 7 m e pese arredor de 3 toneladas. Ten os ollos redondos, o fociño curto, ancho e romo, presenta un pequeno espiráculo ou abertura detrás do ollo que lle subministra sangue rico en osíxeno directamente aos ollos e ao cerebro. Presenta unha aleta caudal longa cun lóbulo superior máis apuntado e con bordos de reforzo a cada lado. É un magnífico predador debido á gran mandíbula e aos dentes curvos e serrados que posúe. A coloración é variable coa idade, de crías teñen manchas entre grises e negras e co tempo vanse convertendo en raias parecidas ás dos tigres. Con frecuencia, as raias van desaparecendo coa idade aínda que poden permanecer ao redor da cola. A cor dos tiburóns adultos pode variar desde gris verdosa ou azulada ata negra na parte superior e desde gris clara ata parda clara ou branca na parte inferior. Aliméntase de cangrexos, mamíferos mariños, luras e moitas especies de peixes...

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado en Bogotá o 30 de xaneiro de 1911 por Alfonso Villegas Restrepo. En 1913 pasou a mans da familia Santos, a través de Eduardo Santos Montejo. En 1917 a dirección pasou ao irmán de Eduardo, Enrique, quen levou adiante a súa modernización e o converteu no primeiro xornal de Colombia. Defensor das liberdades e da democracia, caracterizouse pola súa loita contra o narcotráfico, polo que foi obxectivo de numerosos atentados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tifo.

    2. Que ou quen padece tifo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado morboso que está producido polo bacilo tífico.

    2. ariedade de tuberculose aguda, descrita por Landouzy, que presenta síntomas semellantes aos dunha febre tifoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro, de ata 3 m de lonxitude total, que presenta a pel avermellada, excepto a da parte interna das patas e as partes inferiores e frontais do corpo, que son brancas, todas atravesadas por franxas anchas e escuras. Son animais de vida solitaria, os machos e as femias só se xuntan durante a época de reprodución e cazan os dous. A femia pare unha camada de un a seis cachorros que permanecen xunto á nai ata o segundo ano de idade. Teñen unha dieta variada, comen cervos, gando vacún, ras, peixes ou prea. De orixe asiática, é un formidable depredador que ocupa hábitats moi diversos, desde Siberia ata Insulindia. É o representante máis grande da familia dos félidos. A especie divídese en cinco subespecies, o tigre indochino (P.t. corbetti), o tigre de Sumatra (P.t. sumatrae), o tigre de Java (P.t. sondaica), o tigre de Siberia ou tigre siberiano (P.t. altaica) e o tigre de Bengala ou tigre indio (P.t. tigris), sendo estas últimas dúas...

    2. Mamífero carnívoro que mide 35 cm ata a cruz e 75 cm de lonxitude, máis 40 cm de cola. É de cor café claro a un gris terroso claro e presenta manchas ovais e raias de color café escuro ou negro. Aliméntase de roedores, pequenos primates, réptiles, insectos e aves. É un animal solitario de costumes nocturnas, moi bo agatuñador e moi áxil nas árbores. Habita altiplanos de densa vexetación, desde Costa Rica ata o N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro, de ata 3 m de lonxitude total, que presenta a pel avermellada, excepto a da parte interna das patas e as partes inferiores e frontais do corpo, que son brancas, todas atravesadas por franxas anchas e escuras. Son animais de vida solitaria, os machos e as femias só se xuntan durante a época de reprodución e cazan os dous. A femia pare unha camada de un a seis cachorros que permanecen xunto á nai ata o segundo ano de idade. Teñen unha dieta variada, comen cervos, gando vacún, ras, peixes ou prea. De orixe asiática, é un formidable depredador que ocupa hábitats moi diversos, desde Siberia ata Insulindia. É o representante máis grande da familia dos félidos. A especie divídese en cinco subespecies, o tigre indochino (P.t. corbetti), o tigre de Sumatra (P.t. sumatrae), o tigre de Java (P.t. sondaica), o tigre de Siberia ou tigre siberiano (P.t. altaica) e o tigre de Bengala ou tigre indio (P.t....

    2. Mamífero carnívoro que mide 35 cm ata a cruz e 75 cm de lonxitude, máis 40 cm de cola. É de cor café claro a un gris terroso claro e presenta manchas ovais e raias de color café escuro ou negro. Aliméntase de roedores, pequenos primates, réptiles, insectos e aves. É un animal solitario de costumes nocturnas, moi bo agatuñador e moi áxil nas árbores. Habita altiplanos de densa vexetación, desde Costa Rica ata o N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinal ortográfico <~> que se coloca enriba das vogais para indicar o seu carácter nasal, en linguas como o portugués ou en textos medievais (coração, ma), e sobre a letra <ñ>.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amida do ácido tiocarbónico que se emprega na preparación de papeis fotográficos e aceleradores da vulcanización do caucho e como repelente de insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir a un tipo común.

    2. Representar alguén ou algo o tipo ou modelo do xénero, clase ou especie, do que forma parte.

    3. Definir un taxon mediante un tipo nomenclatural e de acordo coas normas do código internacional de nomenclatura botánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Plano de estrutura ou conxunto de propiedades principais, comúns a un certo número de individuos ou de obxectos.

      2. Cada un dos grupos que teñen, nunha clasificación, un mesmo tipo de estrutura.

      3. Cada un dos grupos en que se divide o reino animal e vexetal.

      4. Cada un dos modelos xenéricos a partir dos que se agrupan os individuos ou as correntes de pensamento en relación á súa maneira de pensar e comportarse ou coa súa concepción filosófica, respectivamente, segundo determinados trazos específicos comúns.

      5. Individuo ou grupo que é a exemplificación máis perfecta dunha especie ou dun xénero.

      6. Figura dunha persoa, especialmente respecto ás proporcións, esvelteza ou elegancia do seu corpo.

      7. tipo espectral

        Cada unha das clases en que se pode dividir o conxunto de estrelas, de acordo coas súas temperaturas. Existen oito tipos distintos, designados polas letras maiúsculas O, B, A, F, G, K, M e C. As estrelas de tipo O son as máis quentes e as máis azuis, mentres que as do tipo C son as máis frías e as máis vermellas. Dentro de cada tipo hai unha subdivisión en cinco subclases, que se designa coas cinco primeiras cifras romanas: a clase I corresponde ás estrelas superxigantes e a clase V ás estrelas da secuencia principal, como o Sol.

      1. Cada unha das pezas, xeralmente de metal de imprenta, fundidas en forma de paralelepípedo de base rectangular, que levan en relevo, nunha das súas bases, unha letra ou un signo e que, postas unhas ao carón das outras adecuadamente ordenadas, forman o molde ou a forma daquilo que se quere imprimir. A forma paralelepipédica do tipo está rota por diversos resaltes e fendas, como o relevo da letra ou do signo (denominado ollo), a altura que sobresae e as entalladuras, algunhas das que, permiten a rápida identificación da familia á que corresponde a letra do tipo e a súa orientación na composición, mentres que outras facilitan a colocación do tipo no compoñedor.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de deseñar, compoñer e imprimir textos mediante tipos móbiles. Desde o punto de vista do deseño, a tipografía distínguese do grafismo tanto pola limitación dos seus medios como pola súa “neutralidade” respecto ao texto; mentres que o grafismo reforza o impacto psicolóxico do texto mediante unha gama moi variada de recursos, a tipografía limítase a vehiculalo dunha maneira totalmente imparcial. O libro é por excelencia o obxecto de deseño tipográfico. No que respecta á composición, existen dúas grandes estéticas tipográficas: a simétrica clásica, desde os primeiros tempos da imprenta, e a asimétrica, que naceu cara a 1890-1905 co movemento da Freie Richtung, modernista e desenvolvida principalmente a partir dos experimentos do Baubaus alemán, cuxo primeiro texto doutrinal importante foi o Elementare Typographie, de J. Tscnicnoid (Leipzig 1925). Tres tradicións de escritura contribuíron a elaborar os tipos de imprenta do alfabeto latino: a letra gótica, a humanística e a capital...

      1. Procedemento de impresión con formas que conteñen, en relevo, os tipos e os gravados que, despois de tintados, son aplicados a presión sobre o papel. As operacións da impresión topográfica son: a composición, manual ou mecánica, a tirada de probas, a corrección de probas, a corrección tipográfica, a obtención de clixés para fotogravado, a compaxinación, a imposición da forma, a tirada de segundas probas, a segunda corrección tipográfica, a regulación da tintada e a tirada.

      2. Taller onde se imprime por tipografía.

      3. Taller onde se fan traballos de imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á tipografía.

    VER O DETALLE DO TERMO