Tibbōn
Tibbōn
Familia xudía de científicos e tradutores. Encabezada por Y ĕ huda ibn Saul ibn Tibb ō n de Granada e instalada en Provenza, os seus mestres levaron a cabo un importante labor de tradución ao hebreo de obras escritas en árabe. Destacaron tamén Šĕ muel ibn Y ĕ huda ibn Tibb ō n , fillo do anterior, e o seu fillo Mo š é ibn Šĕ muel ibn Tibb ō n (Marsella 1240-1283). Outros membros da familia, e tamén tradutores, foron Ya’aqob ben Mahir ibn Tibbōn e Abba Mari al-Anatoli (1194 -1285), xenro de Šĕmuel.