Tibaldi, Pellegrino

Tibaldi, Pellegrino

Pintor, arquitecto e escultor italiano. Colaborou con D. da Volterra na igrexa da Trinità dei Monti e pintou os frescos da capela de San Denís na igrexa de San Luigi dei Francesi en Roma. De volta a Boloña (1554-1555), construíu e decorou o Palazzo Poggio. A partir de 1567 traballou en Milán, onde dirixiu as obras da catedral e levou a cabo unha grande actividade como arquitecto e enxeñeiro (igrexas de San Fedele e San Sebastiano). Coñecido co sobrenome de O Miguel Anxo reformado, traballou na decoración da biblioteca, o claustro, o sagrario e o retablo maior da igrexa do Escorial (entre 1586 e 1594).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Puria di Valsolda

  • Deceso

    Lugar : Milán