"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Estreito do Océano Pacífico que separa as illas do norte e do sur de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de carácter internacional fundada en 1989 por iniciativa de Australia e ao abeiro da Conferencia de Camberra. Ademais de Australia, pertencen a ela Brunei, Chile, Malaisia, Filipinas, Indonesia, Singapur, Tailandia, Nova Zelanda, Xapón, EE UU, Canadá, México, Papua Nova Guinea, Corea do Sur, China, Perú, Rusia e Vietnam. A sede da súa secretaría está en Singapur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe fundada en 1979 en Santiago de Compostela por Bernardo París, coa colaboración dun grupo de estudiantes universitarios. Subtitulada como “Revista Universitaria de Cultura”, contaba cun consello de redacción formado por Víctor Ferreira, Juan R. Marticorena, Rafael Martínez, Marcelino de Santiago Kukas, A. Manuel Chaves e polo seu propio fundador, que exercía tamén como director. O obxectivo desta publicación é crear unha canle de comunicación en favor da cultura e da ciencia, á parte de fomentar a investigación e o debate no seo da universidade, tomando como referencia a realidade de Galicia. Entre algúns dos seus colaboradores destacan Méndez Ferrín, Paz Andrade, Uxío Novoneyra, Fernández del Riego, Carlos Casares, Miguel Cancio, Carlos Baliñas, Álvaro Cunqueiro, X. M. Beiras e Antonio Odriozola. Á parte da revista, editáronse unha serie de números extraordinarios titulados Poesía galega actual (1981), Cómix e ilustración en Galicia (1982), no...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. aso de distintas formas, xeralmente de vidro, que se sostén sobre un pé e que serve fundamentalmente para beber.

      2. copa afrautada

        Copa estreita e coa boca máis ancha ca o corpo, usada para determinados combinados e para cavas e champañas.

      3. copa balón

        Copa de amplo corpo e boca algo pechada apropiada para combinados con nata e para viños de gran reserva.

      4. copa catadora

        Copa de cristal fino transparente, relativamente alta e coa boca pechada.

      5. copa de auga

        Copa de forma variable, de cristal transparente sen tallas e con 20 cl de capacidade.

      6. copa de cervexa

        Copa transparente, alta e con barriga.

      7. copa de champaña

        Copa en forma de seo invertido, que se emprega para o viño homónimo e para os cócteles que o conteñen.

      8. copa de cóctel

        Copa de boca ampla e de característica forma cónica.

      9. copa de viño

        Copa transparente, sen tallas e lixeiramente pechada por arriba; a que se emprega para o viño branco é máis pequena ca a que se usa para o tinto.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen copia.

    2. Libro auxiliar de contabilidade que recolle, integramente e de forma ordenada, orixinais ou copias de distintos documentos.

    3. Nome xenérico de cada un dos aparatos ou dispositivos que, mediante distintos procedementos, son capaces de reproducir fielmente un documento, un impreso, un debuxo, etc, sexa nas súas dimensións orixinais ou ben ampliado ou reducido, en branco e negro ou coas cores do orixinal, etc. Os procedementos habituais empregados polas copiadoras son a fotocopia, a diazocopia e a termocopia. Cando a copia do orixinal se obtén por procedementos gráficos fálase de reprografía.

    4. Máquina que copia por medio dun mecanismo hidráulico ou mecánico de reseguimento por contacto, que transmite á ferramenta de corte o perfil exacto da peza ou do modelo que se quere reproducir. A copiadora máis importante en mecánica é o pantógrafo; outras máquinas copiadoras son o torno copiador, a fresa copiadora e a rectificadora copiadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento especializado na realización de copias de escritos ou de debuxos orixinais mediante copiadoras ou por procedementos reprográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción feita entre varias persoas ou entidades.

    2. Colaboración entre produtores cinematográficos de diferentes estados para producir películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do SO do Océano Pacífico, entre Australia, Papua Nova Guinea, as Illas Salomón, as Novas Hébrides e Nova Caledonia; recibe o nome dos numerosos farallóns coralinos que bordean as costas das terras que o circundan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Madrid 1942) Deseñador gráfico e empresario. Considérase un dos precursores do deseño gráfico en España. Creou os programas de identidade de importantes empresas privadas, de diversas comunidades autónomas e ministerios, así como de servicios públicos. Foi galardoado cos premios concedidos polo Arts Directors Club de Nova York (1978), a ADC de Milán (1982) e o Design Council International (1990), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría da ovella ata a idade dun ano.

      1. Carne de cordeiro de menos de catro meses cun peso de ata 13 kg. En Meira (Moaña) celébrase desde 1990 a festa do Cordeiro ao espeto, asado á maneira crioula, e en Poio hai tradición de celebrar unha festa do Cordeiro o día de san Xoán.

      2. cordeiro leitón

        Carne de cordeiro de menos dun mes e medio, cun peso de ata 8 kg.

    2. Pel de cordeiro.

    3. Persoa de carácter pacífico, dócil e humilde.

    4. año.

    5. año de Deus

    6. Planta perenne de ata 40 cm de altura e con capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos. Propia de dunas e praias, está totalmente recuberta dunha lanuxe branca que a protexe das duras condicións, como a alta insolación, a desecación ou a acción abrasiva do vento cargado de area. Tamén se coñece como carrasca de san Xoán.

    7. año pascual

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía canadense que produce aplicacións de autoedición e retoque fotográfico como o Corel Draw, programa de deseño por ordenador, e o Corel WordPerfect, procesador de textos. Ambos contan cun dicionario de galego co que é posible efectuar revisións ortográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de compoñer ballets ou danzas anotando as figuras e os pasos dos solistas e dos grupos, harmonizados coa música e outros elementos do espectáculo. A primeira notación coreográfica -moi rudimentaria-, da que se ten noticia, apareceu no Llibre Vermell de Montserrat. A primeira escola xurdiu en Milán, formada por mestres de danza profesionais (Pompeo, Diobono, mestre de Negri e de Belgioioso, Martire, Tetoni e Legnano) que difundiron por toda Europa os principios da danza italiana. Na fin do século XVI destacou Fabrizio Caroso co seu tratado Il ballarino (1581). O primeiro que inventou un sistema de notación coreográfica foi Jehan Tabourot. No s XVII sobresaíron diversos coreógrafos, como Balbi ou Bocan. A aparición do tratado Choréografie ou l’art de décrire la danse (Coreografía ou a arte de describir a danza, 1699), de Feuillet, significou un avance nesta arte. Nos dous primeiros decenios do s XVIII houbo un predominio do ballet cunha coreografía de tipo...

    2. Conxunto de figuras, pasos e movementos que compoñen un ballet ou danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á coreografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto nobre situado en Barcala (A Baña). Trátase dun edificio de planta rectangular construído con muros de perpiaño. A comezos do s XIX edificouse unha pequena capela que substituíu a torre defensiva que formaba parte do edificio orixinario. A construción relaciónase coa liñaxe dos Bermúdez, Leis, Luaces e Figueroa, segundo consta no escudo do s XVIII da fachada. Na portada de entrada consérvase un tímpano da igrexa románica de San Paio do Monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de coroar ou coroarse.

      2. Cerimonia de imposición da coroa a un soberano. Trátase dun acto de carácter público e solemne que, en xeral, forma parte da entronización. A súa orixe está na unción dos reis de Israel narrada no Antigo Testamento, aínda que se considera que o primeiro soberano coroado foi o Emperador Constantino. Nos países de tradición cristiá tiña, en parte, un carácter litúrxico e estaba precedida pola consagración ou unción. A coroación introduciuse na corte bizantina cara á segunda metade do s V e practicouse despois, seguindo o seu exemplo, na corte visigótica e na corte carolinxia. O carolinxio Pipino o Breve foi coroado en dúas ocasións (751 e 754), e Carlomagno foi coroado polo papa o 25 de decembro do ano 800, aínda que previamente, no 774, xa fora coroado como rei dos longobardos coa coroa de ferro. Dende aquela, a coroación dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico realizouna o papa. Os visigodos incluíron no cerimonial da coroación a unción e os ritos do Antigo...

      3. Cerimonia na que se coroa a alguén, especialmente a un poeta.

    1. Remate dunha cousa material ou inmaterial.

    2. Motivo ornamental que remata algunha cousa, especialmente un edificio.

      1. coroación da virxe

        Iconografía que representa a coroación da Virxe por Deus, Cristo, a Trindade ou os anxos. Trátase dunha temática presente no ciclo iconográfico da vida da Virxe. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, Filippo Lippi, Rafaello Sanzio, Rubens, o Greco e Velázquez.

      2. coroación de espiñas

        Iconografía que representa o momento da imposición da coroa de espiñas a Xesús. Tratáse dunha temática moi presente na tradición artística occidental como unha das pasaxes do ciclo da paixón, presente en moitos retablos e pinturas. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, o Bosco, Tiziano, Caravaggio e Tintoretto. Unha variedade do tema é o Ecce Homo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á corografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía do Pacífico, Costa Rica, entre a punta Quepos e a punta Llorona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de tropas italianas que loitaron a favor do xeneral Franco durante a Guerra Civil española (1936-1939). Os primeiros continxentes chegaron en setembro de 1936 ao mando do xeneral Roatta ata a toma de Málaga en febreiro de 1937. Derrotados en Guadalajara en marzo de 1937, actuaron en Euskadi e Catalunya dirixidos polos xenerais Bastico, Berti e Gambara. Sen contar a aviación, reuniron uns 60.000 homes e sufriron unhas 14.000 baixas, entre mortos e feridos. A finais da guerra houbo unidades mixtas formadas por italianos e españois: Frecce Nere (Frechas Negras), Frecce Azzure (Frechas Azuis) e Littorio.

      1. Calquera obxecto ou substancia que está formado por unha porción limitada de materia.

      2. Figura xeométrica que ten tres dimensións: lonxitude, anchura e grosor.

      3. corpo amarelo/lúteo

        Formación endócrina que se desenvolve nun ovario despois de desprenderse un folículo de Graaf. Segrega proxesterona e persiste cando o óvulo resulta fecundado.

      4. corpo cavernoso

        Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene e do clítoris, e mais ao redor da uretra anterior masculina, que se enchen de sangue durante a fase de excitación e dan lugar á erección do órgano.

      5. corpo ciliar

        Engrosamento da zona vascular do ollo que une a coroide co iris. Comprende o músculo e os procesos ciliares.

      6. corpo composto

        Especie química formada por máis dunha clase de átomos.

      7. corpo de Belt

        Tecido nutricio que se desenvolve no extremo dos folíolos das plantas da familia das mimosáceas e que lles serve de alimento aos himenópteros.

      8. corpo esponxoso

        Estrutura eréctil e cilíndrica, de constitución trabecular, situada na cara ventral do pene, baixo o suco formado polos dous corpos cavernosos.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera obxecto ou substancia que está formado por unha porción limitada de materia.

    2. Figura xeométrica que ten tres dimensións: lonxitude, anchura e grosor.

    3. corpo amarelo/lúteo

      Formación endócrina que se desenvolve nun ovario despois de desprenderse un folículo de Graaf. Segrega proxesterona e persiste cando o óvulo resulta fecundado.

    4. corpo cavernoso

      Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene e do clítoris, e mais ao redor da uretra anterior masculina, que se enchen de sangue durante a fase de excitación e dan lugar á erección do órgano.

    5. corpo ciliar

      Engrosamento da zona vascular do ollo que une a coroide co iris. Comprende o músculo e os procesos ciliares.

    6. corpo composto

      Especie química formada por máis dunha clase de átomos.

    7. corpo de Belt

      Tecido nutricio que se desenvolve no extremo dos folíolos das plantas da familia das mimosáceas e que lles serve de alimento aos himenópteros.

    8. corpo esponxoso

      Estrutura eréctil e cilíndrica, de constitución trabecular, situada na cara ventral do pene, baixo o suco formado polos dous corpos cavernosos.

    9. corpo estraño

      Obxecto alleo ao organismo que penetrou nel máis ou menos profundamente. Pode provir do exterior, en forma de obxecto inhalado ou deglutido, ou de proxectil, ou estar formado in situ, como acontece nos casos de fragmentos de tecidos mortos ou cálculos.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de leis, de escritos históricos, dogmáticos ou filosóficos ou de inscricións antigas. Entre outros, destacan o Corpus Catholicorum, que recolle a obra histórica, apoloxética e dogmática de autores cristiáns do s XVI; o Corpus Christianorum; o Corpus de Berlín; o Corpus Hermeticum ou Vindobonense; o Corpus Inscriptionum Graecarum, que recolle inscricións antigas gregas; o Corpus Inscriptionum Latinarum, que recolle todas as inscricións da época romana agás as cristiás; o Corpus Scriptorum Christianorum Orientalium, que recolle os textos litúrxicos do Oriente cristián; o Corpus Scriptorum Ecclesiasticorum Latinorum, que recolleu en 1866 os textos latinos de carácter eclesial; o Corpus Scriptorum Historiae Bizantinae, sistematizado entre 1828 e 1897; e, en materia xurídica, o Corpus Iuris Canonici e o Corpus Iuris Civilis.

      1. Conxunto, o máis extenso e ordenado posible, de datos ou textos que forman unha unidade e que serven de base documental nunha investigación.

      2. Colección de datos lingüísticos representativos que se reúnen co propósito dunha análise lingüística. Un corpus, que debe ser representativo -é dicir, debe ilustrar toda a gama das características estruturais-, permite que un lingüista realice enunciados obxectivos sobre a frecuencia de uso e proporciona datos que outros investigadores poden consultar. Algúns corpus intentan cubrir a linguaxe como un todo e recollen extractos de diversos tipos de texto; outros son máis selectivos e proporcionan un material que só abrangue un trazo lingüístico particular. O seu tamaño varía e depende de factores prácticos, como pode ser o tempo dispoñible ou a necesidade de que sexa máis ou menos amplo. Un corpus, como recompilación de datos empíricos, é o punto de partida dun estruturalista para o seu proceder indutivo, no establecemento de hipóteses sobre a estrutura da lingua obxecto. Pola contra, os gramáticos xenerativistas consideran que co positivismo empírico non poden explicarse as facetas da competencia...

      3. Conxunto de textos que corresponden a un determinado autor, época, escola ou movemento literario. Fálase, por exemplo, do corpus da lírica medieval galego-portuguesa ou do corpus aristotélico, para referirse a todos os escritos atribuídos á escola galego-portuguesa ou a Aristóteles, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO