Cores, pazo de

Cores, pazo de

Conxunto nobre situado en Barcala (A Baña). Trátase dun edificio de planta rectangular construído con muros de perpiaño. A comezos do s XIX edificouse unha pequena capela que substituíu a torre defensiva que formaba parte do edificio orixinario. A construción relaciónase coa liñaxe dos Bermúdez, Leis, Luaces e Figueroa, segundo consta no escudo do s XVIII da fachada. Na portada de entrada consérvase un tímpano da igrexa románica de San Paio do Monte.