"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Óxido de manganeso, de fórmula Mn3O4. Cristaliza no sistema tetragonal. Presenta exfoliación perfecta, é de cor marrón ou negra e brillo graxo. Ten dureza 5,5 e peso específico 4,83-4,85.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á haxiografía ou aos libros bíblicos que aparecen nas haxiografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que trata de temas haxiográficos.

      1. libros haxiógrafos

        Nome co que se designan os libros sapienciais da Biblia ou Ketubim.

      2. Autor dalgúns dos libros da Biblia.

    2. Persoa que realiza haxiografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou á lingua hebrea. 

    2. Individuo do pobo hebreo.

    3. Pobo semita orixinario de Mesopotamia que emigrou cara a Palestina a comezos do II milenio a C. Despois da escravitude en Exipto conquistaron parte de Canaán a comezos do II milenio a C, onde se estableceron e constituíron un reino. No Antigo Testamento a palabra “hebreo” emprégase en boca de estranxeiros para contrapoñer os hebreos a outros pobos. No Novo Testamento aplícase aos que falan arameo, para evitar o termo “xudeu”, reservado aos que non aceptaron a Xesús Cristo. Nas xenealoxías da Xénese, os hebreos e outros pobos semitas están relacionados co epónimo ‘Ibrī, devanceiro de Abrahán, e máis recentemente os eséxetas tenden a relacionar os fillos de ‘Ibrī ou semitas cos ‘Hapiru dos textos exipcios, ugaríticos, acadios e hititas.

    4. Lingua semítica, considerada polos filólogos como unha división do grupo noroccidental. Co fenicio, o púnico e o moabita, constitúe unha rama do antigo cananeo. As manifestacións escritas do hebreo no seu período máis antigo son a Biblia hebraica (1200-200 a C) e a epigrafía da época real. A pesar do predominio crecente do arameo ao inicio do período do exilio (s VII a C), o hebreo continuou a ser o medio de expresión, aínda que non escrito, no período posbíblico. A maioría dos textos rabínicos dos primeiros séculos cristiáns foron tamén escritos en hebreo (Miš, Tosefta, Talmud e Midraš), e a tradición xudía mantivo o uso de “lingua santa” nunha gran parte da súa produción literaria ata os tempos modernos. O hebreo posúe un alfabeto e unha escritura propias. A maioría da poboación xudía do Estado de Israel, onde é lingua oficial, fala e escribe habitualmente hebreo. Esta obra de restauración nacional débese principalmente a Eliezer...

    5. Alfabeto propio da lingua hebrea. Escribiuse con alfabeto fenicio de vinte e dúas consoantes -algunhas empregadas desde o pricipio como semivocais. Entre os ss IV e II a C comezouse a adoptar a escritura cadrada, de orixe aramea. Mentres que en Qumrān aparecen aínda as dúas escrituras, a fenicia ou paleohebraica conservouse só entre os samaritanos. Con tal de preservar a lectura correcta da Biblia, os masoretas idearon (cara aos ss VI-VII d C) dous sistemas principais de puntuación vocálica do texto, un supralineal (babilónico), e outro sublineal (tiberienco).

    6. Literatura cultivada en lingua hebrea, desde a Biblia ata os autores do Estado de Israel. Os libros da Biblia constitúen o legado máis prezado da literatura hebrea antiga. O canon xudeu das Escrituras contén só obras en hebreo, que mostran unha gran variedade de estilos e formas literarias, cun contido moi unitario. Outras obras hebreas dos derradeiros séculos anteriores á era cristiá son didáctico-poéticas (Eclesiástico) e históricas (Macabeos), composicións místico-litúrxicas (himnos e salmos de Qumran) e, particularmente, as do xénero apocalíptico. Os descubrimentos do Mar Morto deron a coñecer tamén unha gran cantidade de obras hebreas de carácter esotérico. A mediados do s II as opinións dos rabinos máis autorizados comezaron a ser rexistradas por escrito, divididas en halaká e haggadá, segundo se eran de carácter legal ou de carácter lendario-histórico ou ético-relixioso. Cara ao ano 200 R. Yehudá ha-Nassí promulgou a...

    7. Arte musical do pobo hebreo. A tradición atribúelle a David e á súa época un grande esplendor musical. Os principais instrumentos da música hebrea son o hazozrá, o nebel, a arpa, a trompeta, o něhilá, o sǒfar, o rinnor e o tof. Despois da destrución do Templo (70 d C), só sobreviviu a música vocal, baseada en textos bíblicos. O canto hebreo tivo un período florecente no s XVI, especialmente en Palestina e en Italia. No s XVIII volvéronse introducir os instrumentos, e xa entrado o s XIX intensificouse a participación do órgano na música de culto. Y. Engel, cara a finais do s XIX, fixo unha recompilación de cantos tradicionais sobre os que se basearon compositores como M. Bruch e E. Bloch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas ou arbustivas pertencente á familia das cistáceas. Presenta complexidade por englobar moitas especies e gran número de híbridos interespecíficos. Presentan base leñosa, follas opostas de pequeno tamaño e flores pentámeras dispostas en acios, normalmente de color amarela, os froitos son casulos trivalvos. Destacan as especies H. ledifolium, H. hirtum, H. apenninum.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descrición gráfica do Sol por medio dun debuxo ou dunha fotografía.

    2. Sistema de reprodución primitivo, baseado no procedemento fotográfico de Niepce, mediante pranchas fotosensibilizadas. Estas eran insoladas cun positivo, reveladas e posteriormente gravadas coas técnicas litográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á heliografía ou ao heliógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de manganeso e berilio, de fórmula Mn4Be3Si3O12S. Cristaliza no sistema cúbico, é de cor amarela, marrón ou vermella. Ten dureza de 6 e peso específico 3,20-3,44.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cristal que presenta diferente terminación en cada un dos extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saída de sangue, máis ou menos abundante, fóra dos vasos que o conteñen a consecuencia dun traumatismo ou de trastornos da coagulación. Segundo o tipo de vasos lesionados polo traumatismo, a hemorraxia é arterial (sangue vermello), venosa (sangue de cor escura) e capilar (puntos vermellos). É externa cando o sangue sae do corpo a través dunha apertura natural ou pola ruptura da pel, e interna cando o sangue flúe no interior dunha cavidade ou tecido. Segundo a súa localización algunhas hemorraxias reciben nomes específicos; así, denomínase hemoptise á broncopulmonar ou epistaxe á nasal. Pola súa presentación pode ser aguda, con perigo de chegar a un estado de choque, ou crónica, que pode dar lugar á aparición dun estado de anemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade grega situada á beira do Mar Negro. Fundada no s VI a C por megarenses e beocios, acadou o seu máximo esplendor baixo o goberno do tirano Clearco (s IV a C). A conquista romana significou o inicio da súa decadencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en setembro de 1906. Cesou a súa edición en 1950. Subtitulouse “Órgano de las colectividades gallegas en el Plata” e “El periódico gallego de mayor circulación en la Argentina y el Uruguay”. Dirixido por Julio de la Cuesta, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Iberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de calcio e berilio, de fórmula CaBe(PO4)(Fe,OH). Cristaliza no sistema monoclínico. É incoloro, amarelo ou gris. Ten unha dureza de 5-5,5 e un peso específico de 2,95-3,01.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Buque de investigación oceanográfica. Ten unha eslora total de 82,5 m e unha manga máxima na cuberta principal de 14,3 m. A distancia da cuberta principal á quilla é de 7,35 m. A súa velocidade máxima é de 15 nós e a de cruceiro entre 12 e 13 nós. Pode navegar entre xeos de 40 cm de espesor a unha velocidade de 5 nós. Presenta unha autonomía de 12.000 millas náuticas e un desprazamento de 2.666 t. A súa dotación compóñena 58 tripulantes e os camarotes permítenlle acoller ata 29 científicos. O feito de incorporar as últimas tecnoloxías e xunto co seu deseño, fai que estea considerado polos especialistas coma un dos mellores buques oceanográficos do mundo. Desde a súa innauguración permitiu abordar investigaciones científicas nos eidos da oceanografía física, da bioloxía mariña, da xeofísica e da xeoloxía mariña, ademáis de realizar un labor fundamental no apoio loxístico e científico das bases antárticas españolas. Así, en xaneiro de 1988 inaugurouse a base antártica española Juan Carlos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telururo de prata, de fórmula Ag2Te. Pertence o grupo das arxentitas, cristaliza no sistema monoclínico ou cúbico e é de cor gris chumbo. Ten unha dureza de 2-3 e peso específico de 8,24-8,45.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten heteromorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á heterotrofia ou aos heterótrofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • erso grecolatino que consta de seis pés, cinco dáctilos mais un troqueo ou un espondeo. Metro tradicional da epopea grega e romana, usouse tamén na poesía relixiosa (oráculos e himnos), na didascálica e na elexíaca. Está constituído por unha serie de seis pés ou compases de dous tempos: un forte seguido dun feble. Os dous tempos son cuantitativamente iguais pero así como o primeiro ten que ser unha sílaba longa, o feble pode estar formado por unha longa (espondeo) ou dúas breves (dáctilo). O quinto pé está sempre formado por unha longa e dúas breves, e o sexto ou final é sempre de dúas sílabas (sendo sempre indiferente a cantidade da última). Nun verso recitativo, e a medida que foi empregado, de Homero a Nonnos, adoptou uns esquemas máis ríxidos. Segundo a disposición dos espondeos respecto dos dáctilos, escribíronse diversos tipos de hexámetros (espondaicos, periódicos, sáficos, homodactílicos e holospondaicos) e, tratándose duns versos longos, levaban cesuras ou pausas. En Roma Ennio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalográfico constituído por 48 caras triangulares iguais, cada unha delas corta os tres eixes cristalográficos a distancias diferentes. É a forma holoédrica xeral do sistema regular. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hidrófidos.

    2. Ofidio da familia dos hidrófidos.

    3. Familia de ofidios que se caracterizan pola posición dos orificios nasais, situados na parte superior do fociño e capaces de pecharse completamente. De habitat mariño, todas as especies son itiófagas e están dotadas dun veleno moi activo. Habitan no Pacífico, no Índico e no Mar Vermello.

    VER O DETALLE DO TERMO