"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á museografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías sobre os museos como institución e sobre a súa función dentro da sociedade. Tras a Primeira Guerra Mundial intensificouse en Alemaña a estruturación destas teorías que deron lugar á tipificación dos museos como expoñente dunha nacionalidade concreta. Georges-Henri Rivièr estruturou dunha maneira coherente os estudos museolóxicos, e xunto con Hughes de Varine-Bohan estableceu a teoría do ecomuseo. A museoloxía describe como os museos se desenvolveron ata o que son, prescribe como debe ser e define as súas estruturas de organización e actividades. Segundo esta concepción, a museoloxía divídese en tres ramas: a museoloxía xeral, que estuda o museo, a súa historia, o seu papel social, os seus sistemas de investigación, de conservación, de educación e de organización; a museoloxía especial, que examina os diferentes tipos de museos, e a museoloxía aplicada ou museografía, que se ocupa da técnica museolóxica, práctica utilizada polo museo para cumprir...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte antiga fundado en 1884 baixo o nome de Museu Nacional de Belas Artes e Arqueologia, no palacio Alvor-Pombal de Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan do espolio artístico sofrido por numerosos conventos portugueses en 1834; posteriormente incrementáronse con doazóns e novas adquisicións. A súa colección abrangue desde restos arqueolóxicos a obras pitóricas europeas da Idade Moderna, desde o s XII ao XIX, gravados dos ss XIX e XX, así como todo tipo de obxectos preciosos e artes decorativas. En 1911 modificou o seu nome.
-
-
-
Arte que se expresa mediante a ordenación de sons no tempo. A música é esencialmente ritmo e melodía, vinculados entre eles pola duración das notas que forman a liña melódica. A melodía é a sucesión horizontal dos sons en oposición á harmonía, que é a disposición vertical destes. A relación ou combinación simultánea de dúas ou máis melodías vén codificada polas leis do contrapunto. A síntese do contrapunto e da ciencia harmónica, xunto cuns esquemas formais sinxelos, integran a técnica da composición, á que se pode sumar o coñecemento da arte da instrumentación e da orquestración. O estado actual dos estudos etnomusicolóxicos fai que se deba limitar a teoría musical occidental, que se pode dividir en dúas ramas: a que considera a música como unha ciencia (Pitágoras, Boecio, Rameau, Leibniz, Euler e Schellinger) e a que ve nela exclusivamente unha arte (Platón, Aristóteles, Descartes, Schopenhauer), que é o concepto que prevaleceu na Idade Moderna. Tamén se teñen manifestado outras concepcións...
-
Composición creada con esta arte.
-
Conxunto de composicións musicais.
-
falsa música
Nome que se aplicou, a partir do s XIII, a aquela música vogal ou instrumental que aceptaba alteracións que non sempre eran indicadas cos signos correspondentes. Representou a utilización de notas que non figuraban nas escalas diatónicas aceptadas na época. OBS: Tamén se denomina música fita.
-
música de cámara
Aplícase á música vogal ou instrumental escrita para ser interpretada nun salón ou cámara por un grupo reducido de intérpretes, que varía de tres a oito. Abrangue o cuarteto de corda, o cuarteto con piano, o quinteto con piano, o quinteto de corda, o trío de corda, a sonata trío e o trío con piano.
-
música lixeira
Música baseada en ritmos de baile ou en arranxos de temas populares ou clásicos, xeralmente para conxuntos pequenos. A proliferación dos medios de reprodución sonora deu unha gran difusión a este tipo de música.
-
música militar
Música propia de cerimonias militares. Escríbese normalmente para bandas de música (formada principalmente por instrumentos de vento e de percusión).
-
música sacra
Arte musical desenvolvida no seo da Igrexa Católica para o acompañamento dos ritos litúrxicos. A música sacra en Galicia iniciouse un pouco máis tarde ca no resto de Europa. Correspondíase inicialmente co rito mozárabe, do que se conserva o Libro das horas de Fernando I. Este tipo de canto, coñecido como canto gregoriano, era monódico e sen acompañamento instrumental. O Códice Calixtino introduciu a polifonía por primeira vez e creou unha nova escola musical. Non foi ata o Renacemento cando se crearon as primeiras capelas catedralicias cun músico responsable da dirección e composición das obras litúrxicas. Entre todas elas destacou a de Santiago de Compostela, que foi a primeira en ter un organista, o italiano Dionisio Memmo. Durante o Barroco desenvolvéronse as orquestras catedralicias baixo a dirección de grandes mestres, entre os que destacaron Diego Verdugo, Diego de Muelas ou Vaquedano. Xa no clasicismo a música sacra estivo moi influenciada pola música que...
-
-
Serie de sons que pola súa harmonía ou desharmonía afectan o oído de maneira agradable.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que escribe sobre música, xeralmente cun carácter científico ou crítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que estuda a música desde un punto de vista científico, ben sexa no terreo da técnica, da estética ou da historia.
-
-
Acción e efecto de mudar ou mudarse.
-
-
Alteración permanente dun ou máis caracteres hereditarios como consecuencia dun cambio no material xenético dunha célula, que se transmite ás células fillas. As mutacións xenéticas modifican a morfoloxía ou a fisioloxía dos individuos e poden ter unha causa artificial, de tipo químico ou radioactivo. As mutacións inducidas son provocadas por un axente mutaxénico, e as espontáneas atribúense ao azar. As mutacións cromosómicas modifican o número, a estrutura e a distribución dos cromosomas, e as xénicas alteran un ou máis xenes e poden ter un efecto favorable, neutro ou desfavorable sobre os individuos. A selección natural elimina moitas mutacións desfavorables e potencia as que son beneficiosas para o individuo. As mutacións introduciron resistencias de bacterias contra os antibióticos, facéndoas insensibles a doses que antes eran letais.
-
frecuencia de mutación
Proporción dun tipo de mutantes que se atopan presentes nun momento dado nunha poboación celular en crecemento, e que depende da taxa de mutación e do grao de selectividade do medio.
-
taxa de mutación
Probabilidade de que unha célula dunha poboación celular en fase de crecemento sufra de xeito espontáneo un tipo específico de mutación. A taxa de mutación exprésase por
FORMULA
onde a é a taxa de mutación; m, o número de mutacións específicas dentro da poboación, e d, o número de ciclos de divisións celulares individuais dentro da poboación.
-
-
-
Cambio dun modo a outro ou cambio de tonalidade que se produce nunha peza musical.
-
Cambio que se introduce na resposta da fuga.
-
Modificación da tesitura nun cantante, especialmente nos nenos, cando se fan homes.
-
mutacións de órgano
Xogos da boca do órgano, empregados para dar os harmónicos que acompañan as melodías. Poden dar un acompañamento tonal diferente, segundo o uso que se faga.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste no cambio de poder rotatorio específico dunha substancia disolta en auga ou nalgún outro disolvente.
-
-
Carácter nacional, condición étnica, política e institucional que constitúe unha nación.
-
Situación da persoa determinada pola súa suxeición ou pertenza á xurisdición dun estado, co conxunto de deberes e dereitos que isto comporta. A atribución da nacionalidade a unha persoa prodúcese no momento do seu nacemento. Dous principios fundamentais rexen esta atribución: o ius soli, segundo o que se adquire a nacionalidade do estado onde se produce o nacemento, e o ius sanguinis, en canto que a nacionalidade que un adquire é a do pai e a da nai. Nos países anglosaxóns e de América do Sur predomina o principio do ius solis, mentres que en Europa predomina o de ius sanguinis; aínda que o máis frecuente é a combinación de ambos os dous principios. O cambio de nacionalidade orixinaria é posible mediante os mecanismos de naturalización ou de carta de natureza. Por acordos entre estados tornouse posible a nacionalidade múltiple, isto é, a posibilidade de ter máis dunha nacionalidade. O máis frecuente é a dobre nacionalidade. A perda de toda nacionalidade...
-
Nación sen estado, recoñecida nalgunhas constitucións, pero cun certo nivel de autonomía. A Constitución de 1978 designa con este termo determinados territorios histórico-xeográficos, sen especificar cales. Non se emprega como termo administrativo ou civil, que distingue entre os cidadáns do Estado español.
-
Concepto que utilizou a Constitución de 1978 para referirse ás comunidades de Catalunya, Euskadi e Galicia polas súas características históricas, culturais e económicas diferenciadas. Foron consideradas comunidades de nacionalidade histórica ao conseguir un Estatuto de Autonomía durante a Segunda República (1931-1936), aínda que a Guerra Civil Española impediu o seu desenvolvemento. Os seus Estatutos de Autonomía, con base no artigo 143 da Constitución de 1978, recoñéceas xuridicamente.
-
Principio xurídico e político polo que debe haber a plena identidade entre nación e estado, e polo que os grupos nacionais concretos teñen dereito a constituírse en estado independente. Esta fórmula, establecida no s XIX, foi máis coñecida no s XX co nome de principio de autodeterminación ou de autogoberno dos pobos. Representa o aspecto dinámico, na orde política, do recoñecemento da existencia da nación. Na época romántica, toda unha corrente contribuíu á defensa e á divulgación da nacionalidade, que atinxiu niveis filosóficos, políticos, literarios e mesmo relixiosos. En Italia, Mazzini propuxo que deberían ser as nacións os suxeitos do ordenamento xurídico internacional e non os estados. En moitos casos o concepto de nacionalidade está desterrado dos grandes textos de declaracións universais, onde é substituído polo máis ambiguo de pobos, respecto aos que se proclama o principio de autodeterminación. Desta maneira, é posible asistir á chegada da independencia total de entidades de moi...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dinucleótido que está formado por adenina, nicotinamida, dúas ribosas e dous grupos fosfato. Foi illada do lévedo (1931) e, pouco despois, identificouse nos eritrocitos. Íllase a partir do fígado de porco, por absorción con carbón activo, intercambio iónico ou cromatografía. Amplamente distribuída na materia viva, actúa como transportador de hidróxeno nas oxidacións aerobias e anaerobias e nas fermentacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo oceanográfico que permite a recollida de mostras de auga a diferentes profundidades. Consiste nunha ampola (duns 1,25 l) que se bota á auga fixada a un cable, o que permite que se afunda ata coller a profundidade desexada. Este dispositivo foi ideado por Fridtjof Nansen e experimentou diversas modificacións posteriores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de cobre, de fórmula CuCl que cristaliza no sistema cúbico. É incolora, gris ou amarela e ten unha dureza de 2’5 e un peso específico de 4’136.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao tráfico ilegal de narcóticos ou doutros estupefacientes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comercio ilegal mediante o que se desprazan os tipos de drogas desde os diversos países en que se producen e elaboran ata os lugares onde se consomen. O comercio das substancias estupefacientes en case todos os países do mundo está penado con castigos de maior ou menor grao, incluso nalgúns países do Sueste asiático poden chegar ata a pena de morte. Adóitase penalizar o tráfico ou o seu comercio, pero non o seu consumo. Colombia, Perú e Bolivia son os grandes centros produtores de substancias narcóticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anuario editado en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1994. Subtitulouse “Boletín de Información Submariña” e “Nave de Servicios Artísticos”. No seu consello de redacción participaron Xosé Sendón, Fran Pérez, Miguel de Lira, Carlos Santiago e Xesús Ron, e contou cos deseños gráficos de Fausto C. Isorna. Actuou como voceiro da sala Nasa, inaugurada en 1992 e localizada en Santiago de Compostela, onde se celebraron diversos actos culturais relacionados co teatro e a música principalmente.
-
-
Acción e efecto de nadar.
-
-
Conxunto de actividades deportivas relacionadas coa natación. Como competición consiste en facer un percorrido, entre dous puntos en augas abertas ou ben unha distancia determinada nunha piscina, utilizando os catro estilos recoñecidos oficialmente: libre, costas, braza e bolboreta. As competicións oficiais efectúanse en piscinas de 50 m, con rúas dunha anchura de 2 a 2’5 m. Ata 1896 non se incluíu no programa olímpico na categoría masculina, e ata 1912 na feminina. As probas olímpicas para homes son: 50, 100, 200, 400 e 1 500 m libres; 100 e 200 m braza; 100 e 200 m bolboreta; 100 e 200 costas; 200 e 400 m estilos individuais; 4x100 m libre, 4x200 m libres e 4x100 m estilos. E para mulleres: 50, 100, 200, 400 e 800 m libres; 100 e 200 m braza; 100 e 200 m bolboreta; 100 e 200 costas; 200 e 400 m estilos individuais; 4x100 m estilos e 4x100 m libres. Outras especialidades dentro da natación deportiva son: saltos, wáter-polo, natación subacuática e probas de salvamento e socorrismo.
-
natación sincronizada
Conxunto de exhibicións acuáticas en que os participantes, só mulleres (individual, parellas e grupos), executan unha serie de figuras coreográficas, con acompañamento musical, nunha piscina de 12 m e de 1’7 a 3 m de profundidade. Foi admitida como proba olímpica en 1984.
-
-
Calquera forma de locomoción, independentemente do substrato no medio acuático. Os animais conseguen flotar facilmente grazas a órganos de flotación que diminúen o peso específico do animal (como a vexiga natatoria dos peixes), grao moi elevado de hidratación dos tecidos (medusas) e aumento da superficie corporal por medio de expansións alongadas ou por ter formas laminares. A auténtica natación é a dos que se desprazan libremente pola auga, por medio de cilios e flaxelos. Pode ser provocada por contraccións rítmicas (no caso de medusas e cefalópodos), por movementos musculares ondulatorios de todo o costado e da rexión caudal (a maioría dos peixes), por movementos ondulatorios das aletas e por movementos dos apéndices (crustáceos).
-
-
-
Relación do número de nacementos contabilizados en períodos anuais. É un concepto demográfico relacionado co de fecundidade. A natalidade mide a frecuencia dos nacementos que ocorren no seo dunha poboación tomada no seu conxunto, e a fecundidade designa a frecuencia dos nacementos que teñen lugar dentro do subconxunto en idade de procrear. As principais fontes de información españolas sobre nacementos son o Movimiento Natural de la Población Española (MNPE), os Censos de Poboación e Padróns Municipais de Habitantes e a Enquisa de Fecundidade. Os indicadores e taxas que se utilizan para medir a natalidade e a fecundidade son a taxa bruta de natalidade (TBN) e a taxa xeral de fecundidade (TXF). A TBN está moi influída pola estrutura por idades ao ter en conta os nacementos con respecto ao total de poboación: TBN = Nt / Pt x 1.000. É, por tanto, o resultado do cociente dos nacementos no ano t entre a poboación dese ano, dándose o resultado en tantos por mil. Para evitar a...
-
Control do crecemento demográfico mediante a aplicación sistemática dos métodos contraceptivos, como son os métodos de barreira (preservativos e diafragmas), os espermicidas químicos vaxinais, o dispositivo intrauterino, os contraceptivos hormonais (pílula, pílula do día despois), a esterilización cirúrxica (vasectomía e ligadura de trompas) e métodos de planificación familiar naturais (método de Ogino-Knaus e coitus interruptus), ou ben mediante a legalización ou o fomento do aborto, coa finalidade de impedir o nacemento de fillos non desexados. Ten a súa orixe na doutrina antinatalista do s XIX, de T. R. Malthus, cando espertou o interese xeral pola superpoboación, problema que sofren os países subdesenvolvidos desde o s XIX onde a poboación crece a un ritmo superior ao dos recursos alimentarios e enerxéticos, entre outros. En 1923 Margaret Sander fundou en Reino Unido a primeira clínica especializada na aplicación do control de nacementos, e a partir de entón quedou establecida...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liga profesional de baloncesto, creada en EE UU en 1946. Partiu dunha idea do xornalista Max Kase e levouna a cabo Ned Irish, formándose a Basketball Association of America (BAA), que nun principio contou con 11 equipos, dos que perduran tres; Boston Celtics, New York Knicks e Golden State Warriors. En 1950 a BAA uniuse á National Basketball League (NBL), e formouse a National Basketball Association (NBA), con Maurice Podoloff como o seu primeiro comisionado. A competición está formada por 29 equipos, divididos en dúas conferencias (Leste e Oeste) e catro divisións (Atlántico, Central, Medio-Oeste e Pacífico).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista estadounidense publicada en Washington a partir de outubro de 1888 como voceiro da National Geographic Society, constituída nove meses antes. Baixo a presidencia de Gardiner G. Hubbart, comezou como un diario erudito e sen ilustracións que evolucionou cara á cor e ás reportaxes fotográficas realizadas por fotógrafos de renome internacional. Creada para aumentar e difundir o coñecemento xeográfico e estimular a exploración, inclúe reportaxes de historia, ciencia e conservación do medio. Cunha periodicidade mensual, distribúese en todo o mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade xeográfica estadounidense creada en Washington en 1888. A súa actividade comprende diversos proxectos e expedicións científicas. Destacan, entre outras, as buscas arqueolóxicas levadas a cabo en Perú (Machu-Pichu) e noutras paraxes de América (como a península de Yucatán) e do mundo. Publica, entre outras, a revista mensual National Geographic Magazine, editada en España a partir de outubro de 1997, libros científicos e atlas, e realiza programas para a televisión.