NADP

NADP
Nome científico: [nicotinamida adenina dinucleótido fosfato: C<sub> 21</sub> H<sub> 28</sub> N<sub> 7</sub> O<sub> 17</sub> P<sub> 3</sub> ; forma oxidada: NADP<sup> +</sup> ; forma reducida: NADPH]
[BIOQ]

Dinucleótido que está formado por adenina, nicotinamida, dúas ribosas e dous grupos fosfato. Foi illada do lévedo (1931) e, pouco despois, identificouse nos eritrocitos. Íllase a partir do fígado de porco, por absorción con carbón activo, intercambio iónico ou cromatografía. Amplamente distribuída na materia viva, actúa como transportador de hidróxeno nas oxidacións aerobias e anaerobias e nas fermentacións.

Sinónimos