Nasa

Nasa
[PUBLIC]

Anuario editado en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1994. Subtitulouse “Boletín de Información Submariña” e “Nave de Servicios Artísticos”. No seu consello de redacción participaron Xosé Sendón, Fran Pérez, Miguel de Lira, Carlos Santiago e Xesús Ron, e contou cos deseños gráficos de Fausto C. Isorna. Actuou como voceiro da sala Nasa, inaugurada en 1992 e localizada en Santiago de Compostela, onde se celebraron diversos actos culturais relacionados co teatro e a música principalmente.

Palabras veciñas

Naryn | NaryŠkin | nasa | Nasa | NASA | Nasa, cabo da | Nasa, Sala de teatro A