NaryŠkin
NaryŠkin
Familia rusa que tivo un papel importante durante o reinado de Pedro I de Rusia. O Tsar Aleixo I de Rusia (1645-1676) casou por segunda vez en 1671 con Natalia Kirillovna Nary š kina (1651-1694), e o seu fillo Pedro foi axudado polos Naryškin para ocupar o trono. Tras a morte de Fiódor III de Rusia, o primoxénito de Aleixo, a familia enfrontouse con Sofía, outra filla de Aleixo que conseguiu o poder unha vez asasinado Ivan Kirillovi č Nary š kin (1659-1682). En 1689 organizaron un complot contra Sofía e Pedro I ocupou o trono, pero foi a súa nai Natalia e os membros da familia os que exerceron o goberno.