"AMD" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Poeta árabe e Príncipe hamdánida de Alepo (Siria). Recluído no cárcere de Constantinopla, escribiu unha serie de poemas de ton sentimental coñecidos como Rumyyat (Bizantinos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Advanced Micro Devices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nixeriano de orixe iba. Formouse nas universidades norteamericanas de Lincoln e Pensilvania, e desempeñou altos cargos administrativos na época colonial. Proclamada a Independencia (1960), foi gobernador xeral da federación ata 1963, ano no que se proclamou a República, da que foi nomeado Presidente. Tralo Golpe de Estado de 1966, foi asesor do estado secesionista ibo de Biafra. Rector da Universidade de Lagos de 1972 a 1975, en 1979 foi candidato sen éxito nas eleccións presidenciais nixerianas polo Partido Popular de Nixeria, declarado ilegal en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, Reino Unido (189.119 h [1996]), un dos 32 distritos do Gran Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de pintores postimpresionistas ingleses creado en 1911 e dirixido por Walter Richard Sickert. Estes artistas tomaron o nome da zona obreira londinense que popularizou Sickert nas súas obras. Formaron parte do grupo, entre outros, Robert Bevan, Harold Gilmar, Charles Ginner, Spencer Gore, Ducan Grant, Augustus John e Lucien Pisarro. Rexeitaron o romanticismo da Royal Academy e propugnaron o realismo descritivo. Ademais de representar o barrio de Camden Town, cultivaron a paisaxe, os retratos, as escenas de interior e os bodegóns. Realizaron dúas exposicións en 1911 e outra en 1912. En novembro de 1913 fusionáronse con outros grupos artísticos e crearon o Grupo de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xeógrafo. Formado na Universidade de Oxford, dirixiu a escola de Westminster entre 1593 e 1597. En 1586 publicou Britannia, unha visión topográfica de Inglaterra, que tivo unha gran repercusión na historiografía posterior, e Annales rerum Anglicarum et Hibernicarum regnante Elizabetha (Anais do estado dos ingleses e dos irlandeses durante o reinado de Isabel, 1615). No seu honor fundouse a Camden Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político hindú. Foi membro do Gandhi’s Non-Cooperation Movement (1920-1921) e participou no concello de Bombai (1927-1929). Permaneceu á fronte da secretaría xeral do Congreso Nacional Indio (1931-1934) e foi membro da asemblea constituínte da India (1946-1947 e 1948-1950). Gobernou o estado de Bīhar (1947-1948), foi ministro de Agricultura e Alimentación (1948-1950), gobernador do estado de Assam (1950-1956) e deputado no Parlamento indio (1959-1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hamdanidas.

    2. Membro da dinastía árabe que gobernou entre o 929 e o 1003 a Alta Mesopotamia. Dos seus soberanos destacou Sayf al-Dawla (?-967), quen se enfrontou aos emperadores bizantinos Román II e Nicéforo II Focas.

    VER O DETALLE DO TERMO