"Abba" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 29.

  • Grupo sueco de música pop formado en 1971 e integrado por Agnetha Fältstkog (voz), Frida Lyngstad (voz), Bjorn Ulvaeus (guitarra e voz) e Benny Anderson (teclados, sintetizador e voz). Acadaron sona internacional en 1974 ao gañaren o Festival de Eurovisión co tema Waterloo, que se converteu en número un nos EE UU e gran parte de Europa. Con temas posteriores como Mamma mia, Fernando ou Chiquitita entraron nas listas de vendas de todo o mundo. Interpretaban as súas cancións en inglés, aínda que eles mesmos versionaron algún tema en castelán. O grupo disolveuse en 1981. Na súa discografía destacan: Waterloo (1974), Voulez-vous (1979) e Super Trouper (1980). Durante a década de 1980 os membros de Abba realizaron diversos proxectos en solitario, sen acadar éxito. No 1994, coincidindo co vixésimo aniversario do seu triunfo en Eurovisión, editouse Abba Gold, o primeiro dunha serie de recopilatorios que os volveron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico nado en Irlanda pero de orixe e educación francesas. Estudiou o magnetismo terrestre e realizou co seu irmán, Arnaud Michel d’Abbadie estudios xeodésicos, filolóxicos, lexicográficos e xeográficos en Etiopía (1837-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo protestante occitano. Pastor das igrexas francesas de Berlín e de Londres. Autor do Traité de la verité de la religion chrétienne (1684).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos abbaditas.

    2. Membro da familia dos Banū ‘Abbad, dinastía árabe que reinou a Taifa de Sevilla durante case todo o s XI. O fundador da dinastía foi Abū-I-Qāsim Muḥammad ibn Ismā’il ibn ‘Abbād que se proclamou rei no 1023. O reinado dos abbaditas marca un dos períodos de maior relevo dentro do universo das ciencias, das artes e das letras do Al-Andalus. Sevilla, baixo os abbaditas, foi o máis brillante dos reinos de taifas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Director principal da Filharmónica de Viena (1971) e da Sinfónica de Londres (1979), Director Artístico da Scala de Milán (1977), Director Musical da Ópera de Viena (1986) e Director Titular da Filharmónica de Berlín (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo italiano. Historiador da filosofía e formulador dunha versión do existencialismo na obra Esistenzialismo positivo (Existencialismo positivo, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Etiopía correspondente á parte alta do Nilo Azul, dende o seu nacemento ata os límites occidentais etíopes (1.000 km de lonxitude). Á saída do lago Tana forma as fervenzas de Abbai. Aproveitamento hidroeléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alxeriano. Partidario nun principio das boas relacións e o entendemento cos franceses, uniuse no 1954 á insurrección e foi Presidente do Goberno Provisional da República de Alxeria (1958-1961). Publicou Autopsie d’une guerre (Autopsia dunha guerra, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos abbásidas.

    2. Membro desta dinastía árabe de califas instalada en Bagdad. O primeiro Califa foi Abū-I-’Abbās al-Saffāḥ, suposto descendente de al-’Abbās ibn ‘Abd al-Muṭṭalib ibn Hāšim, tío de Mahoma. No Califato abbásida sucedéronse trinta e sete soberanos que reinaron durante cincocentos anos. Nun principio instaláronse en Kūfa; pero ao ser fundada Bagdad no 762, trasladouse alí a capital. A dinastía abbásida tentou manter a unión do grande imperio do Islam por medio dunha reforma relixiosa ortodoxa e duns costumes unificados. Entre outras cousas, devolvéronlles á Meca e a Medina a súa relevancia como centros relixiosos. Os dominios dos abbásidas mantivéronse en Oriente pero non en Occidente, onde se independizou Al-Andalus (756) e unha gran parte do Norte de África (787). Só retiveron Ifrīqiya -na actualidade Tunicia e parte de Alxeria-. A dinastía obtivo o máximo esplendor durante o Califato de Hārūn al-Rašīd, no paso do s VIII ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor da copia do Cantar de Mio Cid feita no 1207. No explicit que aparece ao final deste poema épico, o amanuense afirma: ?Per Abbat le escrivió en el mes de mayo/en era de mill e dozientes e cuarenta e cinco años?. Cómpre subliñar, que a data do romance vén dada de acordo coa era hispánica ou de César, baseada na crenza de que Xulio César dividira Hispania en provincias no ano 38 a C. Xa que logo, se lle restamos este número á data do texto obtemos o ano correcto, 1207, no que Per Abbat fixo a copia do códice segundo a era cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caíde (xuíz) da Taifa de Sevilla, primeiro membro da dinastía dos abbaditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - al-Anbar 754) Califa (750-754) fundador da dinastía abbásida, caracterizouse por métodos políticos sanguinarios. Fixo de Al-Kūfa (Iraq) a súa primeira capital, pero acabou residindo en Hašemiyya por razóns de seguridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi profesor en Cambridge dende 1828 e inventor de diversos aparellos científicos, entre os que cómpre salientar o tacómetro, o oftalmoscopio, varias máquinas de cálculo e a primeira máquina programable. En 1822 deseñou unha primeira calculadora mecánica que empregaba a teoría matemática das diferencias finitas. Posteriormente fixo varios deseños para perfeccionala, pero nunca logrou completar a construción desta última, algo que se fixo finalmente en 1991 como homenaxe a el, momento no que se comprobou o seu correcto funcionamento. En 1834 deseñou outra máquina, que chamou aparello analítico, pensada como un enxeño capaz de traballar de acordo coas instrucións almacenadas na súa memoria por medio dunhas tarxetas perforadas. No seu desenvolvemento introduciu conceptos que foron máis tarde empregados nos ordenadores electrónicos. En On the economy of machinery and manufactures (Sobre a economía das máquinas e das manufacturas, 1832) analizou as consecuencias sociais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi profesor en Cambridge dende 1828 e inventor de diversos aparellos científicos, entre os que cómpre salientar o tacómetro, o oftalmoscopio, varias máquinas de cálculo e a primeira máquina programable. En 1822 deseñou unha primeira calculadora mecánica que empregaba a teoría matemática das diferencias finitas. Posteriormente fixo varios deseños para perfeccionala, pero nunca logrou completar a construción desta última, algo que se fixo finalmente en 1991 como homenaxe a el, momento no que se comprobou o seu correcto funcionamento. En 1834 deseñou outra máquina, que chamou aparello analítico, pensada como un enxeño capaz de traballar de acordo coas instrucións almacenadas na súa memoria por medio dunhas tarxetas perforadas. No seu desenvolvemento introduciu conceptos que foron máis tarde empregados nos ordenadores electrónicos. En On the economy of machinery and manufactures (Sobre a economía das máquinas e das manufacturas, 1832) analizou as consecuencias sociais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto de Irán, no estreito de Ormuz, ante as illas de Qeshm (273.578 h [1996]). Foi fundada en 1623 polo Xa ‘Abbas I e converteuse no primeiro porto de Persia durante o s XVII. É a capital do ostān de Hormozgān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción italo-norteamericana realizada en 1962 e dirixida por Richard Fleischer. Foi interpretada por Anthony Quinn, Vittorio Gassman, Silvana Mangano e Harry Andrews. Filme onde se trata a vida deste famoso preso, un tanto longo e irregular, cun luxoso reparto e certo interese á hora de analizar a súa biografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e místico. Autor dun comentario a Ḥ ikam de ibn ‘A ṭ ā ‘Allāh de Alexandría e de diversas epístolas de dirección espiritual. Representa un retorno ao sufismo primitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista moldavo. Nacionalizado estadounidense, na década de 1930 colaborou con Keynes na Universidade de Cambridge. Participou na fundación e foi coeditor da Review of Economic Studies (1933) e exerceu a docencia en diversas universidades norteamericanas. Escribiu The Economics of Control, Economics of Employement (1951) e Essays in Economic Analysis (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político israelí. Coñecido como Abu Mazen, foi secretario xeral do Comité Executivo da Organización para a Liberación de Palestina (OLP). Yasser Arafat nomeouno primeiro ministro da Autoridade Nacional Palestina (abril 2003), ante a demanda da comunidade internacional. Encargouse de dirixir a policía, a defensa civil e a seguridade preventiva. Dimitiu do cargo o 6 de setembro de 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO