Abbat, Per
Abbat, Per
Autor da copia do Cantar de Mio Cid feita no 1207. No explicit que aparece ao final deste poema épico, o amanuense afirma: ?Per Abbat le escrivió en el mes de mayo/en era de mill e dozientes e cuarenta e cinco años?. Cómpre subliñar, que a data do romance vén dada de acordo coa era hispánica ou de César, baseada na crenza de que Xulio César dividira Hispania en provincias no ano 38 a C. Xa que logo, se lle restamos este número á data do texto obtemos o ano correcto, 1207, no que Per Abbat fixo a copia do códice segundo a era cristiá.