"Ademar" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome formado polo xermánico athal ‘nobre’ e marus que ás veces se presenta como mereis, latinizado en mirus ‘célebre, sonado’. Hai unha hipótese que sostén que o noso santo Amaro está relacionado con esta mesma base xermánica; sen embargo, outras hipóteses manteñen que ten outra orixe diferente. Neste último caso, Ademaro quedaría só como o nome dun abade beatificado da Orde de Cluny do s X. A festa celébrase o 5 de outubro ou o 12 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida na Coruña en 1951 na que participaba Antón Santamarina Delgado con algúns artigos e colaboracións.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación nada en 1958 en Ribadavia e subtitulada “Boletín de la Asociación de Alumnos de los Hermanos Maristas”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe de Saint-Cybard de Angulema e de San Marcial de Limoges, copista e debuxante. Foi autor dunha Crónica dos francos, falsificou documentos para facer crer que san Marcial fora discípulo inmediato de Xesucristo e fose considerado apóstolo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lo Puei, Velai (1077). A súa actuación como legado pontificio de Urbano II foi decisiva nos preparativos da Primeira Cruzada. Ao longo da Cruzada sostivo fortes discusións cos xefes militares por causa das diferencias entre os anceios de conquista persoal manifestada por eles e o obxectivo final da empresa que era reconquistar Xerusalén. Ferido en Dalmacia, morreu de peste cando aínda non era seguro o éxito final da campaña militar. Atribúeselle a composición do Salve Regina.
VER O DETALLE DO TERMO