Ademar de Montelh
Ademar de Montelh
Bispo de Lo Puei, Velai (1077). A súa actuación como legado pontificio de Urbano II foi decisiva nos preparativos da Primeira Cruzada. Ao longo da Cruzada sostivo fortes discusións cos xefes militares por causa das diferencias entre os anceios de conquista persoal manifestada por eles e o obxectivo final da empresa que era reconquistar Xerusalén. Ferido en Dalmacia, morreu de peste cando aínda non era seguro o éxito final da campaña militar. Atribúeselle a composición do Salve Regina.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Antioquía