"Adriano" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Fortificación militar construída ao N da Britania baixo as ordes do emperador Adriano (122-127). Estendíase dende o esteiro do Tyne ata o golfo de Solway, coa finalidade de protexer a Britania romana das incursións procedentes de Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (117-138) da familia dos Antoninos. Parece que foi adoptado por Traxano. Deixou as conquistas deste en Oriente e organizou o Imperio. Fortificou os limes en Xermania e en Britania (muro de Adriano) e amurallou Roma. Aínda que se ocupou das deidades locais construíu, en Xerusalén, un templo para Xúpiter que provocou a revolta dos xudeus. Favoreceu a Atenas con bibliotecas e co templo de Zeus Olímpico; así mesmo, estableceu en Roma o Ateneo. Erixiu as estatuas dedicadas a Antinous. Adoptou a Tito Aurelio Antonino, futuro Emperador Antonino Pío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo da cidade de Edirne, Turquía, onde en 1829 se asinou o Tratado de Adrianópole, que deu autonomía a Grecia, Serbia e ás provincias romanesas verbo do Imperio Otomano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, organista e teórico musical. Continuador de Orazio Vecchi na produción do madrigal dramático, foi un dos primeiros en usar o baixo numerado, indicacións de pianoforte e a barra de compás nas partituras de música vocal. Escribiu algúns tratados teóricos e tamén música vogal de igrexa e música instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleógrafo e arquiveiro italiano. É autor do Dizionario di abreviatura latine ed italiane (Dicionario de abreviaturas latinas e italianas, 1899) e Cronologia, cronografia e calendario perpetuo (Cronoloxía, cronografía e calendario perpetuo, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e teórico da arte. En Florencia formou parte do grupo dos macchiaioli, do que chegou a ser un dos seus teóricos. Realizou obras de pequeno formato nas que representou aspectos da vida cotiá. Na súa obra Notas críticas, defendeu a libre expresión do artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor portugués. Realizou estudios de dereito e participou, xunto a José Afonso e outros artistas, no movemento renovador do fado de Coimbra, que posteriormente orixinou un novo modelo de canción ao evolucionar cara á balada e á canção de intervenção. Foi un activo loitador contra a ditadura de Oliveira Salazar, actitude que condicionou boa parte da súa obra, e que se reflectiu en Trova do vento que passa (1962), unha escolma de poesía de protesta. O seu repertorio nutriuse de poemas alleos, musicados moitos deles por el mesmo, algúns da autoría de Curros Enríquez e Rosalía de Castro. Da súa discografía destaca Cantaremos (1970) e Gente de aqui e de agora (1971). Postumamente, editouse a escolma Memória de Adriano (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Adrián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Destinado en Cuba e na República Dominicana (1865-1867), volveu a España e loitou contra os carlistas en Euskadi (1870-1871) e enfrontouse cos republicanos que tomaran o arsenal de Ferrol (1872). Participou nos enfrontamentos contra os carlistas en Catalunya e acadou o grao de xeneral. Colaborou en diversas publicación e dirixiu El Tribuno e La crónica de Luarca. Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi conselleiro de Radio Televisión de Galicia, e membro do Consello da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1992-2000). Foi concelleiro de Vigo (1983-1987) e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1983-1987). Deputado nas Cortes (1986-1989) e senador (1996-2000) polo PP.

    VER O DETALLE DO TERMO