Adriano, Publio Elio

Adriano, Publio Elio

Emperador romano (117-138) da familia dos Antoninos. Parece que foi adoptado por Traxano. Deixou as conquistas deste en Oriente e organizou o Imperio. Fortificou os limes en Xermania e en Britania (muro de Adriano) e amurallou Roma. Aínda que se ocupou das deidades locais construíu, en Xerusalén, un templo para Xúpiter que provocou a revolta dos xudeus. Favoreceu a Atenas con bibliotecas e co templo de Zeus Olímpico; así mesmo, estableceu en Roma o Ateneo. Erixiu as estatuas dedicadas a Antinous. Adoptou a Tito Aurelio Antonino, futuro Emperador Antonino Pío.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Itálica, Bética