"Aiax" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Apóstolo ariano de orixe gala que predicou entre os suevos da Gallaecia na segunda metade do s V. Principiou a súa prédica contra o ano 467, favorecido pola amizade e apoio que o Rei suevo Remismundo solicitara do visigodo Teodorico II para poder reinar os conventos lucense e bracarense, separados dende a Batalla do Órbigo no 456. Esta contenda deu paso á prevalencia visigoda en toda a Península Ibérica, en particular sobre o Reino Suevo, que pasara a ter unha monarquía dupla (lucense por unha banda, bracarense pola outra). Remismundo unifica novamente o Reino da Gallaecia, aceptando a condición de se converter ao arrianismo que o visigodo impuxera. Favorecido por estes apoios, Aiax conseguiu que o arrianismo calara entre os suevos, enfrontados así cos grupos de poboación galaicorromanos, repartidos entre priscilianistas, maniqueístas e unha maioría de católicos ortodoxos. Principiou nestes anos un século escuro, ata que Teodomiro accedeu ao trono suevo no 559 reinstaurando a fe católica,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Aiantos Alcumado o Pequeno, fronte a Aiax Telamón, o Grande. Heroe da Guerra de Troia, fillo de Oileo, Rei da Lócrida. Violou o templo de Atenea e raptou a sacerdotisa Casandra, filla de Príamo, Rei de Troia, polo que foi castigado pola deusa Palas Atenea, que coa axuda do seu antagonista Posidón, divindade do mariño, fixo naufragar as naves de Aiax cando volvían da Guerra de Troia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Aiantos Alcumado o Grande, fronte a Aiax Oileo, o Pequeno. Personaxe da Ilíada que personifica a forza física. Fillo de Telamón, é un dos caudillos do exército aqueo, considerado polo seu valor na loita o máis importante despois de Aquiles (ou Aquileos). En obras menores do ciclo troiano (Etiópida e Pequena Ilíada) nárrase a súa discusión con Odiseo (ou Odiseos, Ulises segundo os romanos), tralos funerais de Aquiles pola posesión das armas deste, forxadas por Efestos (ou Efaístos, o Vulcano romano), deus irmán de Zeus, e que foran reclamadas por Telamón por ser el quen recuperara o cadáver de Aquiles. Impediu o seu despoxo polos troianos e evitou así un grande agravio para os restos do heroe. O feito de non ter acadado os trebellos de Aquiles condúceo a un proceso mental paranoico que o entolece. Cando recuperou parcialmente a cordura, desesperado por descubrir quen pretendera atentar contra os seus compañeiros do sitio de...