Aiax
Apóstolo ariano de orixe gala que predicou entre os suevos da Gallaecia na segunda metade do s V. Principiou a súa prédica contra o ano 467, favorecido pola amizade e apoio que o Rei suevo Remismundo solicitara do visigodo Teodorico II para poder reinar os conventos lucense e bracarense, separados dende a Batalla do Órbigo no 456. Esta contenda deu paso á prevalencia visigoda en toda a Península Ibérica, en particular sobre o Reino Suevo, que pasara a ter unha monarquía dupla (lucense por unha banda, bracarense pola outra). Remismundo unifica novamente o Reino da Gallaecia, aceptando a condición de se converter ao arrianismo que o visigodo impuxera. Favorecido por estes apoios, Aiax conseguiu que o arrianismo calara entre os suevos, enfrontados así cos grupos de poboación galaicorromanos, repartidos entre priscilianistas, maniqueístas e unha maioría de católicos ortodoxos. Principiou nestes anos un século escuro, ata que Teodomiro accedeu ao trono suevo no 559 reinstaurando a fe católica, co que se acadou a definitiva fusión do substrato suevo co galaicorromano anterior.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : ª metade