"Alasca" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado dos EE UU, ao O de Canadá, no extremo noroccidental de América (1.530.700 km2; 607.007 h [estim 1996]). A capital é Juneau. O país está constituído por tres rexións naturais, ben diferenciadas, de N a S: a costa meridional (franxa duns 20 km entre a costa pacífica e a fronteira canadense), os altiplanos do interior (onde destaca a Alaska Range e o río Yukon) e o Ártico (situado no N do Círculo Polar, desde Brooks Range ata o mar). A península de Alasca é unha área de grande actividade tectónica e volcánica, especialmente nas illas Aleutianas. O clima oscila entre o polar no N e o relativamente suave e húmido no S. Os recursos económicos tradicionais son a pesca (salmón, bacallao, halibut, arenque), a transformación do peixe (conservas, salgaduras) e o comercio das peles. A principal riqueza do estado, constitúena os recursos mineiros: ouro, cobre, carbón e, sobre todo, petróleo. O territorio de Alasca ten unha poboación moi escasa de orixe amerindia. A etnia máis numerosa...
-
GOLFOS
Golfo do océano Pacífico na costa meridional de Alasca que se estende desde a península de Alasca ata a costa do Canadá.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Alasca.
-
Habitante ou natural de Alasca.
-