"Alberti" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • Familia florentina que nos ss XIV e XV loitou contra os Albizzi, xefes do goberno oligárquico, a causa da súa tendencia popular. Os seus membros crearon diversas compañías comerciais e bancarias. O director da máis importante, Niccolo di Iacopo degli Alberti , morto o 1377, foi nomeado confaloniero e acadou o libre acceso da navegación florentina por Porto Pisano. Fixo construír o Pazo do Paradiso. Membro desta familia foi tamén o arquitecto Leon Battista Alberti .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo da Xeración do 27. De mozo trasladouse a Madrid (1917) onde, atraído pola pintura, realizou diversas exposicións. Con Marinero en tierra (1925) obtivo o Premio Nacional de Literatura e iniciou unha poesía popular moi elaborada que comprende La amante (1926) e El alba del alhelí (1927). A partir de Cal y canto (1929) e Sobre los ángeles (1929), un dos seus libros máis senlleiros, comeza a súa xeira vangardista.
    En 1931 ingresa no Partido Comunista e a súa poesía comprométese cos aconteceres históricos: Consignas (1933), 13 banderas y 48 estrellas (1936), sen deixar de cultivar un tipo de poesía elexíaca como en Verte y no verte, volume dedicado á morte do toureiro Ignacio Sánchez Mejías. En colaboración coa súa muller, María Teresa León,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, cantante e clavecinista italiano. Escribiu óperas, cantatas e 36 sonatas de clavecín nas cales emprega o debuxo musical que leva o seu nome, o baixo de Alberti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo alemán. Creador da denominación Triásica para o período máis baixo do Mesozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e arquitecto italiano. Estudiou humanidades e matemáticas, entrando ao servizo do Cardeal Albergati no 1428. Dende 1431 a 1447 foi secretario do Papa Uxío IV. Visitou Florencia (1434), coñecendo a Brunelleschi e proxectou o pazo Rucellai (1446). Foi chamado por Sexismundo Malatesta para colaborar na transformación da igrexa de san Francisco de Rímini (1450). En santa María Novella de Florencia desenvolveu o modelo típico da fachada barroca (1456). En Mantua fixo a igrexa de Santo Andrés (1470), considerada un precedente do tipo de igrexa xesuítica. Home de curiosidade universal, é o primeiro arquitecto plenamente renacentista, e representa, máis que unha revolución, unha evolución do gótico pre-renacentista, cunha concepción aristocrática da arquitectura. Foi o primeiro gran teórico da arte do Renacemento, autor dos dous libros de De re aedificatoria (1451), onde defende a Vitrubio como modelo estético. Escribiu en latín diversas obras narrativas e teatrais de xénero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora alemana. Cuñada de Ludwig Tieck e amiga de Novalis. Influíu sobre o pintor Philipp Otto Runge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alto funcionario real. Como representante do lugartenente de Mallorca durante a época das Xermanías, concertou a paz de 1521 entre os refuxiados en Alcudia e os sublevados. No 1522 foi nomeado lugartenente de Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de gravados e debuxos reunidos en Viena polo duque Alberto de Saxonia-Teschen, dende o ano 1767 ata 1822. Consta de máis de 200.000 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Cosimo Rosselli, a súa obra mestra é a taboa da Visitación (1503).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo francés. Estudiou as esculturas romanas da Tarraconense e publicou as inscricións romanas de Alxeria. Son coñecidos co nome de Tauletes Albertini un grupo de documentos sobre madeira (finais do s V), descubertos en Tbessa (Alxeria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político italiano. Redactor do Corriere della Sera (1896) e director do xornal entre os anos 1900 e 1925. Senador liberal (1914) que se opuxo á política de Giolitti e preconizou a entrada de Italia na Primeira Guerra Mundial. Foi un declarado antifascista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educadora suíza. Na escola de Muzzano realizou a primeira experiencia sobre o método Montessori, narrada en Il Diario di Muzzano (1919-1920). En 1924 fundou en Agno a scuola serena, escola rural considerada a ideal polos pedagogos da Escola Nova. Escribiu, entre outras obras, L’ecole sereine d’Agno (A escola serea de Agno, 1928) e Liberdade educativa (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Destacou como poeta e historiógrafo na súa cidade, ata que tivo que fuxir polas súas controvertidas ideas políticas. Escribiu, entre outras obras, De Gestis Henrici VII Caesaris e De gestis italicorum post Henricum VII Caesarem, e algunhas obras poéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagoga suíza. Propugnou unha pedagoxía que consistía en proporcionarlle ao alumno a vontade e os medios para acadar a madureza por el mesmo co estímulo do educador. Escribiu L’education progressive ou Étude du cours de la vie (1828-1838), en tres volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, as súas principais liñas de investigación son a xeomorfoloxía glacial e periglacial, a xeomorfoloxía costeira, a climatoloxía, a paleoclimatoloxía e a cartografía dixital. Foi un dos coordinadores do Atlas Climático de Galicia (1999) e publicou Testimonios de climas semiáridos en el Cuaternario gallego (1979), Xeografía de Galicia (1982) e Nuevas observaciones sobre el glaciarismo y periglaciarismo del NO de la Península Ibérica: La Galicia Suroriental (1982). É académico correspondente da Real Academia Galega (2004), membro da Asociación de Geógrafos Españoles e da Sociedad Española de Geomorfología, e membro fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega de Xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. De nome Albertine Damien, da súa obra destacan as tres novelas autobiográficas La cavale (1965), L’astragale (1966) e La traversière (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO