"Alceo" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Poeta lírico grego, contemporáneo de Safo. De orixe aristocrática, loitou contra a tiranía, como queda reflectido na súa obra, inzada de alusións aos acontecementos políticos. Escribiu, en dialecto eólico, himnos, odas, cantos amorosos e epigramas dos que se conservan algúns fragmentos. Influíu en Teócrito, que imitou a súa forma poética, e en Horacio, que adaptou o ritmo chamado alcaico -do que fora creador- á métrica latina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alceo de Verial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas ou subleñosas da familia das escrofulariáceas, de follas xeralmente opostas ou verticiladas, enteiras, e flores bilabiadas, de labios cóncavos, pequeno o de arriba e grande o de abaixo, en forma de gran vesícula arredondada. Hai máis de 200 especies, en America meridional e central. Unicamente os híbridos son cultivados como plantas ornamentais de xardín, principalmente de interior.
-
PERSOEIRO
Cabaleiro. Habitante de Verial e descendente do emperador romano Calígula, matou unha serpe xigantesca, chamada Saavedra, que adoraban os seus veciños, os baluros. Por iso foi considerado o fundador da liñaxe dos Saavedra. O seu nome tamén se relacionou co de Hércules.
VER O DETALLE DO TERMO