"Amia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • Polinización entre irmáns. O pole e o estigma pertencen a dúas flores diferentes, pero as dúas derivan vexetativamente dun mesmo antepasado próximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extrema debilidade muscular que acompaña a algunhas enfermidades.

    2. Debilidade que se manifesta na falta de sensacións físicas e de conduta, ocasionadas por problemas físicos ou psicolóxicos.

    3. Enfermidade infantil de transmisión hereditaria dominante, que aparece entre os cinco e os dez anos de idade. Provoca crises de parálise dunha duración de entre 30 e 60 minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é asexuado.

      1. Reprodución asexual, isto é, multiplicación vexetativa sen a intervención de gametos.

      2. Ausencia de órganos sexuais.

    2. Ausencia de regulamentos específicos que prohiban ou autoricen o matrimonio entre individuos de determinados grupos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de fecundación na que o pole que fertiliza o pistilo dunha flor procede doutra planta. Tamén se lle chama fecundación cruzada ou exogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que antigamente daban os mouros ás linguas románicas.

    2. Nome que se aplica en árabe para designar as linguas estranxeiras. Emprégase para denominar os escritos en castelán con caracteres arábigos, propios dos mouriscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escritos en alxamía.

    2. Literatura que aparece a finais do s XIII nos reinos cristiáns da Península Ibérica, entre os núcleos hebreos e árabes, despois da conquista cristiá. Illados dos seus correlixionarios, pronto perderon o contacto coa propia cultura e adoptaron a lingua dos conquistadores, aínda que continuaron empregando os caracteres arábicos e hebreos na escritura. Conserváronse numerosos textos alxamiados en castelán, que son traducións e paráfrases do Corán, kharxas ou O poema de Yúçuf, do s XIV. Expulsados os árabes e os xudeus da península, esta literatura seguiuse cultivando e non desapareceu totalmente ata o s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes de auga doce da familia dos ámidos, duns 60 cm de lonxitude, que se consideran de transición entre os peixes cartilaxinosos e os óseos. Poden sobrevivir un tempo na lama fóra da auga, respirando coa vexiga natatoria. Existe unha soa especie, A. calva, considerada como un fósil vivente, que vive nas augas tranquilas de América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia rústica situada no concello de Cangas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 10 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA: 31 Km
    ACCESOS...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome co que se coñecen os diversos silicatos hidratados que, baixo a forma de agregados, conteñen fibras flexibles de cor esbrancuxada, de aspecto brillante e tacto sedoso, susceptibles de seren fiadas e tecidas. A fibra é illante da calor e da electricidade, resistente aos ácidos e aos álcalis, inalterable a alta temperatura e funde con dificultade ante a chama do soprete. Os tecidos de amianto (utilizados para forros de freos e embragues, para xunturas e como illante, entre outros empregos) están fabricados, sobre todo, co amianto de serpentina (crisótilo), chamado de forma máis concreta asbesto, que se utiliza tamén para a fabricación de fibrocemento e para a obtención de plásticos reforzados e plásticos ablativos. Entre os amiantos de anfíbolo , o amianto azul (crocidolita) utilízase sobre todo para filtros debido á súa resistencia química, que é moi elevada; a amosita emprégase especialmente como illante térmico, e a tremolita,...

    2. Papel ou cartón composto total ou parcialmente de amianto. Utilízase como illante térmico e para pantallas resistentes ao lume en cociñas, estufas, chemineas, etc. A denominación de papel resérvase a grosores inferiores a 0,5 mm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte volcánico dos Apeninos, na rexión da Toscana, Italia. 1.734 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade das plantas anemógamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. heterogamia.

    2. Re-produción sexual na que os gametos, aínda que morfoloxicamente non son distinguibles, se comportan de xeito diferente durante a unión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fecundación realizada por aplanogametos. É característica de certos grupos de algas, especialmente rodófitas, e ten lugar ao azar sen intervención de atracción quimiotáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción dun esporófito, por vía asexual, a partir dunha célula do gametófito, que non é da ovocélula. Cando a célula que orixina o embrión é diploide fálase de apogamia somática, e cando é haploide de apogamia xenerativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra de labor que é adecuada ou que está en sazón para sementar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposibilidade para a reprodución sexual de dúas especies ou de dous individuos, ao non coincidir no tempo a formación dos seus gametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de fecundación na que os gametos femininos dun organismo hermafrodita son fecundados por gametos masculinos procedentes deste mesmo organismo. Nas plantas fanerógamas fálase de autogamia estrita cando o pole fecunda a propia flor e de xeitonogamia cando fecunda outra flor da mesma planta. Preséntase tamén nalgunhas especies de gasterópodos e nematodos.

    2. Forma de sexualidade propia dalgúns organismos unicelulares, especialmente os paramecios, na que se unen dous núcleos haploides dunha mesma célula, procedentes dun único núcleo primitivo para formar un cigoto diploide. Estes procesos de autogamia están asociados a modificacións ambientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Baiona. Aínda que non se coñece a data da súa fundación, documéntase por primeira vez nunha doazón de Afonso VII no ano 1137, na que fai entrega de toda a vila de Erizana —antigo nome de Baiona— ao devandito mosteiro, ao seu prior e a todos os monxes que alí vivían. Abandonado durante moito tempo é hoxe unha propiedade privada.

    VER O DETALLE DO TERMO