alxamiado -da
alxamiado -da
(< alxamía)
-
adx
[LIT]
Escritos en alxamía.
-
literatura alxamiada
Literatura que aparece a finais do s XIII nos reinos cristiáns da Península Ibérica, entre os núcleos hebreos e árabes, despois da conquista cristiá. Illados dos seus correlixionarios, pronto perderon o contacto coa propia cultura e adoptaron a lingua dos conquistadores, aínda que continuaron empregando os caracteres arábicos e hebreos na escritura. Conserváronse numerosos textos alxamiados en castelán, que son traducións e paráfrases do Corán, kharxas ou O poema de Yúçuf, do s XIV. Expulsados os árabes e os xudeus da península, esta literatura seguiuse cultivando e non desapareceu totalmente ata o s XVIII.