alxama
alxama
(<ár al-ja’amā’a ‘a congregación’)
-
s
f
[HIST/RELIX]
Mesquita principal dunha poboación, onde os homes musulmáns se congregan obrigatoriamente para orar ao mediodía do venres, día sacro do Islam.
-
s
f
Comunidade de xudeus ou de sarracenos en terras cristiás. En moitas cidades da Península Ibérica houbo ricas alxamas, habitando os seus membros nun barrio (xudería, mourería) dedicado fundamentalmente ao comercio, ao préstamo, e demais actividades económico-financeiras.