adinamia
adinamia
(< gr ἀδυναμία < gr ἀ ‘sen’+δύναμις ‘forza’)
-
s
f
[PAT]
Extrema debilidade muscular que acompaña a algunhas enfermidades.
-
s
f
[PAT]
Debilidade que se manifesta na falta de sensacións físicas e de conduta, ocasionadas por problemas físicos ou psicolóxicos.
-
adinamia episódica hereditaria
[PAT]
Enfermidade infantil de transmisión hereditaria dominante, que aparece entre os cinco e os dez anos de idade. Provoca crises de parálise dunha duración de entre 30 e 60 minutos.