adigueo -a

adigueo -a

(< Adiguesia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Adiguesia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. adx e s

    Natural ou habitante de Adiguesia.

  3. s

    Pobo que habita na oblast autónoma de Adiguesia. Nas aproximacións que se fixeron no ano 1959 eran sobre 80.000 habitantes. É o nome autóctono do antigo pobo circasiano ou cherkés -polo que tamén é coñecido como circasiano occidental ou cherkés inferior, que, a raíz das guerras entre os imperios ruso e otomano do s XIX, foi obrigado a dispersarse fóra do seu territorio tradicional, por Rusia e Turquía.

  4. s m

    Lingua caucásica do grupo noroccidental ou grupo abkhazo-adigueo, falada polos adigueos de Adiguesia e polos dispersados por Rusia e Turquía. O alfabeto foi creado no ano 1918. A partir dese momento foise desenvolvendo unha literatura escrita baseada tanto nas tradicións orais do país como na súa nova realidade social. Destacan literariamente o poeta nacional de Adiguesia, Cug Alievic Teucez, o novelista Tambot Magometovic Kerasev e o iniciador da poesía escrita, Akhmed Katkov.

Palabras veciñas

Adie, síndrome de | adiectio* | Adige | adigueo -a | Adiguesia | Adina | adinamia