"Anae" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

      1. Relativo ou pertencente aos organismos anaerobios ou á anaerobiose.

      2. respiración anaeróbica

        Calquera vía catabólica na que a enerxía se obtén de compostos orgánicos en ausencia de osíxeno libre. A glicólise e a fermentación alcohólica son dous exemplos.

    1. Dise dos motores que non utilizan o osíxeno como comburente. Estes motores van provistos de depósitos de combustible e de comburente.

    2. Capacidade dos músculos de soportar esforzos relativamente prolongados en condicións de débeda de osíxeno constante, de xeito que se activen funcións metabólicas musculares alternativas á respiración celular, como por exemplo a fermentación do piruvato con produción de lactato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non precisa de osíxeno para vivir.

      1. Microorganismo que non precisa osíxeno libre para vivir (anaerobio facultativo) ou que precisa vivir nun medio no que non exista osíxeno libre (anaerobio estricto).

      2. Organismo que vive en anaerobiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo anaerobio ou que pertence a este tipo de organismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de vida, descuberta por Pasteur ao estudar a fermentación butírica, dos seres que non precisan de osíxeno libre (en forma gasosa) e obteñen a enerxía de reaccións de oxidación nas que o aceptor final de electróns é a materia orgánica. Existen dous tipos de organismos anaerobios: os anaerobios estrictos (non toleran a presenza de osíxeno no medio) e os anaerobios facultativos (toleran a presenza de osíxeno no medio). Así mesmo, os organismos anaerobios facultativos poden ser de dous tipos: os indiferentes á presenza ou ausencia do osíxeno e os que poden pasar da anaerobiose á aerobiose, segundo a disponibilidade de osíxeno no medio (como os lévedos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso en Galicia, froito dun contrato (120 exemplares) entre o cabido de Santiago e os impresores Juan de Bobadilla e Álvaro de Castro asinado no ano 1483, orixinarios de Burgos e Villasandino, respectivamente. O traballo realizouse en papel fóra de Santiago. En 1497 realizouse outra impresión (1.000 exemplares) da man de Nicolás de Sajonia, en Lisboa, quen fora contratado o 28.7.1496 para realizar este traballo. Coñécese outra edición, a última, realizada en Salamanca en 1569. Rexistráronse oito follas en pergameo no Arquivo Histórico Notarial da Coruña, todas elas con dúas columnas e tres tipos de letra gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filla de Acrisio, rei dos Argos, e de Eurídice. Encerrada por seu pai nunha torre, Zeus visitouna en forma de chuvia de ouro e fíxoa nai de Perseo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Misal Compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Discípulo de Xesús Cristo. Sábese da súa existencia polo Evanxeo segundo san Xoán, onde se conta que ía acompañado doutro discípulo, Filipe, camiño de Emaús. Identificouse tamén co apóstolo Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos basidiomicetos, da orde dos agaricais, que presentan un sombreiro acampanado, de cor parda ou gris, coa cutícula moi lisa, láminas pequenas pardas ou negras, e o pé delgado e grisáceo. Algunhas especies deste xénero teñen efectos alucinóxenos como P. sphintrinus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo alemán. Foi profesor de botánica nas universidades de Jena e Berlín. Descubriu a fertilización das plantas e estudou os fungos e a alternancia de xeracións dos musgos e das talófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra filosófica de Cicerón escrita en 45 a C que recolleu as cinco conversas sostidas entre un mestre e un auditor en Túsculo. Consta de cinco libros e foi dedicada a M. Bruto.

    VER O DETALLE DO TERMO