Breviarium ad usum Compostellanae ecclesiae

Breviarium ad usum Compostellanae ecclesiae
Nome científico: [Breviario Compostelano]
[PUBLIC]

Primeiro libro impreso en Galicia, froito dun contrato (120 exemplares) entre o cabido de Santiago e os impresores Juan de Bobadilla e Álvaro de Castro asinado no ano 1483, orixinarios de Burgos e Villasandino, respectivamente. O traballo realizouse en papel fóra de Santiago. En 1497 realizouse outra impresión (1.000 exemplares) da man de Nicolás de Sajonia, en Lisboa, quen fora contratado o 28.7.1496 para realizar este traballo. Coñécese outra edición, a última, realizada en Salamanca en 1569. Rexistráronse oito follas en pergameo no Arquivo Histórico Notarial da Coruña, todas elas con dúas columnas e tres tipos de letra gótica.