"Angara" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paleocontinente xurdido da fragmentación da Panxea I no Cámbrico (500-400 M a BP), situado ao N do continente Austral e ao L da placa Báltica. Permaneceu illado ata o Pérmico (250 M a BP), cando bateu contra a placa Amerbáltica. Coa antiga placa Báltica formou no Cretácico (125-75 M a BP), o continente denominado Eurasia. O escudo de Angara, formado por granitos e gneises precámbricos, correspóndese coa actual Siberia Central.
-
RIOS
Río da Siberia Oriental, afluente do Ienissei e emisario do lago Baikal (1.826 km de lonxitude e 1.056.000 km2 de conca). O curso superior (680 km) é navegable, e ás súas beiras desenvolvéronse núcleos industriais. O curso medio é accidentado debido a numerosas fervenzas que imposibilitan a navegación e non volve ser navegable ata os 300 kms finais. O caudal medio na confluencia co Ienissei é de 4.150 m3 /s. Os seus principais afluentes son o Oka, o Uda-Čuna-Bir’usa pola esquerda e o Čadobec pola dereita. O Angara utilízase para o transporte de carbón, madeira, cereais e para o aproveitamento hidroeléctrico: centrais de Bratsk, Irkutsk e Bogučany.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de pesca propio do litoral galego utilizado para apañar as centolas e outros crustáceos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curar o tangaraño.
-
-
Sufrir o tangaraño.
-
Debilitarse e perder a forza dalgún membro.
-
-
GALICIA
Mariño. Realizou viaxes científicas polo Atlántico e o Pacífico para corrixir cartas de navegación. En 1766 participou na conquista da Isla Catalina. Como secretario de Marina (1796), ascendeu a capitán xeneral e foi capitán xeneral do departamento de Cádiz. Recibiu a Gran Cruz de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ave paseriforme que pertence aos xéneros Pyranga, Tangara e Thraupis e co peteiro alongado e fino, as ás curtas e a plumaxe de cores vivas. Cómpre destacar as especies Tangara chilensis, que habitan desde Colombia ata Brasil e Bolivia, e Pyranga rubra do SL de América do Norte.
-
-
Diaño que, segundo a crenza, produce raquitismo e deformidade nos nenos.
-
Raquitismo ou deformación que sofren algunhas persoas, principalmente nenos, debido á actividade dun diaño ou trasno maligno.
-